Anxo Luxilde. Artigo tirado de La Vanguardia (aquí) e traducido por nós.
Reboraina do Aguiar volve ser o epicentro da axitación política en Galiza. O dono desta casa de pedra das aforas de Santiago, Xosé Manoel Beiras Torrado, chámalle así en alusión á novela O Señorito da Reboraina de Ramón Outeiro Pedraio, xogando coa súa propia caricatura de elitista fidalgo que lle facían os seus compañeiros e rivais da esquerda nacionalista galega.
Economista formado na Sorbona, autor de O atraso económico de Galiza, a obra fundamental para o nacionalismo galego da segunda metade do século XX, o profesor Beiras fixo poesía coas cifras do subdesenvolvemento galaico. E como político triunfou co seu torrencial discurso musical de pianista, así como cos seus golpes de efecto, ao facer da posta en escena teatral a súa grande especialidade. En 1985 introduciu ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) nas institucións ao prometer respectar a Constitución española cun caravel da revolución portuguesa e un exemplar de Sempre en Galiza de Castelao nas mans. En 1992 meteu ao BNG no escenario da política española cun zapato na man, co que aporreou o seu escano, como Jruschev na ONU, para expresar a súa oposición ao rodete parlamentario de Fraga Iribarne. En 2012, o domingo 12 de febreiro, rompeu o Bloque baixo a aclamación da súa asemblea de seguidores, mentres a innecesaria urna permanecía nunha caixa. Non lle fixo falta votar a escisión.
A marcha do señorito da Reboraina do BNG ben merece resucitar este blog e sacalo do esquecemento no que, por diversas circunstancias, permanecía desde a foto dos Baltar cos pementos. Tempo haberá de falar deles no camiño das eleccións autonómicas galegas, previstas para marzo de 2013 mais que probabelmente se celebren no outono. A ruptura do BNG moveu o escenario, que segue sendo en principio favorábel ao PP, aínda que o previsíbel desgaste do Goberno de Mariano Rajoy, preocupe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, até o punto de recoñecer que pensa no adianto. A penosa situación económica e social de Galiza constitúe a principal ameaza para a súa reelección, mais a descomposición da oposición, tanto na parte nacionalista como na socialista, pode neutralizar o impacto da crise.
"Nacín coa Fronte Popular", proclamaba Beiras no seu primeiro libro autobiográfico de conversacións, A nación incesante. Vai camiño dos 76 anos. A súa coidada imaxe, con barba branca, abundante cabeleira e gran porte, contribúe a que de lonxe poida ofrecer a impresión de que os anos non pasan por el. Porén como el mesmo recoñeceu estes días, o tempo si lle pesa a este dirixente do nacionalismo galego que nos 90, cando Fraga roldaba a idade que el ten agora, cebábase coa súa vellez. "Fragagá", chamáballe. E é que Beiras, poeta do insulto, tiña especial predilección por facer escarnio cos apelidos dos seus rivais. A José Manuel Romay Beccaría, quen foi conselleiro de Fraga, ministro de Aznar e mentor de Feijóo, chamáballe "Romay Avemaría", polo seu aire de dereita clerical. A actual ministra de Fomento, Ana Pastor Julián, era para Beiras "Ana Pastor Alemán". O popular Xerardo Fernández Albor, o primeiro presidente da Xunta de Galiza, aparecía na xerga beirista como "Xerardo Fernández en Flor"...
O señorito da Reboraina disponse aos 75 anos a crear o seu quinto proxecto político, que presenta como un "Fronte Ampla", á uruguaia. O primeiro, o Partido Socialista Galego (PSG), fundado na clandestinidade en 1963, conduciu finalmente a Beiras a unha crise existencial que el mesmo definiu como a súa "baixada aos infernos". O PSG, ideado na mesa padiola de Ramón Piñeiro como a rama socialdemócrata dun sistema político galego homologábel ao do resto da Europa occidental, fracasou estrepitosamente nas eleccións de 1977. Até un membro da dirección do PSG confesou en público anos despois que votara ao PSOE. Así que Beiras afundiuse psicoloxicamente. Reapareceu na política activa en 1982, no frontón de Riazor, na fundación da que foi a súa segunda forza política, o BNG. Foi concibido como unha fronte de liberación nacional de inspiración alxerina que tiña como guía á Unión do Povo Galego (UPG), un partido "comunista patriótico", segundo a súa propia autodefinición. A partir de 1985, cando Beiras entrou no Parlamento de Galiza como único deputado do BNG, nesta organización callou unha exitosa repartición de papeis. Beiras era o maître que atendía ao público mentres a UPG mandaba na cociña. A fórmula encheu de público o restaurante nacionalista, que viviu a súa época dourada a finais do século XX, con 18 deputados en Santiago, as alcaldías de Vigo, Ferrol e Pontevedra, tres escanos no Congreso e até un en Bruxelas.
O terceiro partido de Beiras, Esquerda Nacionalista (EN), naceu en 1992, dentro do Bloque. Eran os tempos nos que o BNG se convertía na casa común nacionalista, ao agrupar a todo o nacionalismo galego, fóra de pequenos grupos radicais, independentistas. EN aparecía na prensa como a alternativa "beirista" ao dominio da UPG. Porén o señorito da Reboraina non estaba entón nesa guerra, senón que se centraba en tentar derrubar a Fraga na Xunta e en gozar da súa crecente popularidade, sobre todo a partir de 1997, cando superou ao PSOE nas autonómicas e converteuse no xefe da oposición. Foi a gran oportunidade perdida de Beiras, que desaproveitou a súa forza social para abrir as portas do Bloque ao seu electorado, o que terminaría co control da UPG. Porén esta logrou manter o BNG como un coto fechado. E en 2001, cando Beiras fracasou no seu asalto á presidencia da Xunta, a UPG puxo en marcha a súa substitución por Anxo Quintana. Nesa convulsa transición, a dirección de Esquerda Nacionalista abriu un expediente para expulsar a Beiras, pero este deuse de baixa antes de que o botasen.
O cuarto e até agora último proxecto de Beiras é o Encontro Irmandiño, bautizado así en honra ás revoltas da Galiza do final da Idade Media. Desterrado do Parlamento galego desde 2005, Beiras fíxose "irmandiño" para alzarse contra o dominio da UPG e de Anxo Quintana, quen lle fixo crer que era o seu fiel golfiño para logo voar pola súa conta. Desde a Xunta Quintana puxo en práctica o seu plan de desgaste, para cocer á UPG nas súas contradicións, mentres levaba ao Bloque cara ao centro, cun proxecto de base clientelar. A caída da Xunta bipartita de PSOE e BNG e a posterior defenestración de Quintana permitiu á UPG recuperar o pleno control do Bloque, o que acabou por colocar no mesmo bando a Beiras e aos antigos "quintanistas", liderados por Carlos Aymerich baixo o nome de +Galiza. Este polo deu a batalla na masiva asemblea do 28 e 29 de xaneiro deste ano no mercado gandeiro de Amio, en que a UPG e os seus aliados morreron de éxito, pois gañaron con pouco máis do 50% dos votos fronte aos irmandiños e +Galiza, mentres a casa común nacionalista ardía.
O Bloque tratou inxustamente ao señorito da Reboirana, quen tampouco puxo fácil o seu recolocación tras deixar a primeira liña. Agora a súa vinganza acabou con dezasete anos do BNG como casa común do nacionalismo galego. A escisión "irmandiña" é máis cualitativa que cuantitativa. Son uns 300 militantes sobre os máis de 8.000 do Bloque. Non afecta a ningún deputado e só a un da case trintena de alcaldes do Bloque. Porén encabézaa o home espectáculo do nacionalismo galaico, a quen chegaron a votar case 400.000 galegos en 1997. A súa marcha parece arrastrar cara a fóra do BNG a +Galiza, que ten catro deputados autonómicos e unha vintena de alcaldías. Esta saída pode conducir ao Bloque a unha escisión á metade, o que xerará que nas próximas autonómicas haxa polo menos dúas candidaturas con aspiracións e posibilidades de entrar no Parlamento de Galicia. Na Reboraina está a xestarse o novo e vello nacionalismo galego.

Nenhum comentário:
Postar um comentário