David Rodríguez. O autor vén de editar o excelente libro Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crac financeiro (Estaleiro Editora, 217 páxinas, 8€), que é unha escolma en papel do que foi publicado desde 2005 no seu máis que recomendábel blogue O Funambulista Coxo. Artigo tirado de Praza Pública (aqui). O autor é deseñador gráfico e colaborou en medios como Vieiros e Altermundo, publicando teatro, poesía e ensaio.
O autor do artigo é o primeiro pola esquerda. |
Ao mesmo tempo que a cidade de Atenas, o berce da democracia que hoxe agoniza, o berce tamén do republicanismo, ardía en protesta contra a barbarie do fascismo financeiro, o Encontro Irmandiño celebraba unha asemblea aberta para tomar unha decisión histórica: se debía continuar dentro do BNG ou se cumpría abandonalo para crear unha nova ferramenta política válida para afrontar os duros tempos que está a vivir un país que, coma o noso, xa non se pode pensar máis de xeito illado a respecto do que sucede no mundo. Pois a globalización está aquí e as súas consecuencias están a impregnar cada recuncho do planeta, incluído este no que habitamos.
Se o descontento co papel que lles asignaba o neoliberalismo fixo que as sociedades árabes se revoltasen en cadea, esta sucesión de Primaveras inspirou tamén a movementos cidadáns como a Geração à rasca ou o 15m aparecidos nunha Europa (e nuns EEUU decididos a ocuparen Wall Street) que comeza a comprender por fin que era aquilo da “epistemoloxía do sur” da que falaba Boaventura de Sousa Santos. E malia que houbo quen pensou que Galiza sería inmune a este movemento sísmico que a crise capitalista está a provocar en todo o mundo e que con desprestixiar a ditos movementos ao tempo que se escollía a estratexia do ourizo chegaba para que a súa onda expansiva desaparecese, o certo é que a ruptura co BNG decidida por aclamación na asemblea convocada polo Encontro Irmandiño hai que lela en directa relación con este auténtico cambio de ciclo político que se está a vivir en todo o planeta.
No cónclave irmandiño Xosé Manuel Beiras (a quen hai que recoñecerlle o exercicio de xenerosidade levado a cabo por quen escolle o camiño do compromiso co país e da loita até o final en lugar de dedicarse a escribir memorias e a deleitarse escoitando panexíricos beatificadores de aquí e acolá) dixo que "un líder é aquel que sabe pór en palabras as arelas colectivas" e ese líder nato chamado Beiras que leva tempo advertindo da podremia cada vez máis evidente do aparato institucional saído da Transición (da monarquía á xudicatura pasando polos propios partidos políticos) deitou algunhas ideas que, abofé, deberían guiar ao que queira que naza a partir do proceso colectivo que agora se enceta.
En primeiro lugar a capacidade de conxugar o traballo institucional co diálogo en pé de igualdade cos movementos sociais. En segundo lugar tomar consciencia de que a presenza institucional nunca pode ser un fin en si mesmo senón un medio para levar ás institucións as demandas populares (nas palabras de Beiras "non deixarse enguedellar por unha lóxica institucional que camiña no sentido contrario á cidadanía"). En terceiro lugar sermos capaces de artellar unha organización de espectro amplo (tan amplo como, outra vez en palabras de Beiras, o que colle entre os Zapatistas e o PT de Lula da Silva, entre os movementos antisistémicos e altermundistas e a socialdemocracia digna de tal nome) con capacidade para loitar pola hexemonía na sociedade civil e con capacidade para deter as políticas destrutivas desta dereita desbocada.
Atrás queda toda unha etapa da esquerda e do nacionalismo galegos. Pero non é hora de melancolías nin de mimetizar esquemas do pasado. Que unha parte da nosa sociedade estime necesario recomezar todo de novo demostra que aínda non estamos derrotados e que, máis ben, a sociedade galega segue viva e segue a ter vontade de facer política para o tempo que nos tocou vivir. Un tempo, Atenas estánolo a mostrar, no que o xélido vento da barbarie zoa por todas partes e no que ficar parados é o camiño máis curto para morrermos conxelados.

Nenhum comentário:
Postar um comentário