Artigo tirado de aquí e traducido por nós. O primeiro ministro romanés, Emil Boc, presentou a súa dimisión despois de varias semanas de manifestacións contra as medidas neoliberais do Goberno.
Emil Boc
"Chegou o momento das decisións políticas importantes e, desde este punto de vista, tomei a decisión de renunciar ao mandato no Goberno", declarou Boc ao termo dunha reunión do Executivo.
Miles de romaneses manifestáronse ao longo do último mes en contra das medidas do Goberno. O seu partido, o centrista PDL, perdeu un 20 por cento de apoios nas sondaxes previas ás eleccións parlamentarias do próximo mes de novembro.
O Goberno aprobou unha serie de recortes sociais, que inclúen unha redución nunha cuarta parte dos salarios dos funcionarios e o aumento do IVE, para responder as presións do Fondo Monetario Internacional (FMI), que lle esixe un "feixazo" ultraliberal se quere recibir un préstamo de 20.000 millóns de euros.
"É moi probábel que o próximo primeiro ministro sexa un tecnócrata, probabelmente procedente do Banco Central ou dalgún dos servizos centrais de Intelixencia", indicou o analista político Mircea Marian.

Nenhum comentário:
Postar um comentário