Segundo dados fornecidos pola Generalitat, a cuxa frente está CiU, 45% dos cataláns apoian a creación dun Estat catalá, e apenas 24'5% se opoñen a separarse do Estado español e votarían en contra. A porcentaxe de independentistas non fixo senón aumentar nos últimos anos ao ritmo que dexeneraba e se esfarelaba en boa parte o sistema da II Restauración borbónica. Nese sentido, e como no fin da década de 20 e comezo da de 30 do pasado século, Catalunya volta ser punta de lanza na quebra democrática co turnismo, o caciquismo e a mal disfrazada oligarquía que esmaga á maioria social.
Os dados corresponden ao barómetro do Centro de Estudos de Opiniom (CEO) dependente da Generalitat e que actua como CIS catalán. Con respeito a xuño, os partidarios da independencia inzaron 2'5 pontos. Medidas como o concerto económico que CiU levaba no programa receben o apoio de 3 de cada 4 cataláns e só 17'7% o rexeita parcial ou totalmente.
En Catalunya o independentismo xa non é patrimonio de ERC, nem de Solidaritat (SI), senón que é cada vez maior a maioría social - de esquerda e de dereita- que avoga por unha Catalunya ceibe, soberana e cun estado de seu. De feito, segundo o CEO 20% dos independentistas abstuvéronse ou votaron en branco en 2006. Por partidos entre 2006 e 2010, e isto debería servir para que o BNG e forzas do independentismo tomaran nota, os independentistas en ERC pasaron do 35'8% a 53'5%; en CiU do 13'2% a 26'6% (Jordi Puyol incluído); no PSC do 4'9% a 11'6%; e en ICV de 4'7% a 17'3%. SI recollería os seus aderentes portanto do 20% antes aludido.
Segundo o filósofo e xornalista Josep Ramoneda: "talvez a ERC retroceda nas vindeiras eleccións, mais paradoxalmente o grande éxito estratéxico é seu precisamente porque perdeu o monopolio do voto independentista". Aínda hai máis, o independentismo é moito maior entre a mocidade. De feito, entre 18 e 24 anos 31'6% queren que Catalunya sexa un estat fóra de España.
Nenhum comentário:
Postar um comentário