Artigo de Atílio Borón, tirado do site do Encontro Irmandiño (aquí).
Eran outros tempos... segue sendo a mesma xente que decide quen vale e quen non no imperialismo dos dereitos humanos. Imaxe tirada de aquí. Máis artigos sobre Libia en Á revolta entre a mocidade aquí. |
O brutal asasinato de Muamar Al Gadafi a mans dunha xauría de mercenarios organizados e financiados polos gobernos “democráticos” de Estados Unidos, de Francia e de Grande Bretaña actualiza dolorosamente a vixencia dun vello aforismo: “socialismo ou barbarie”. Non só iso: tamén confirma outra tese, ratificada unha e outra volta que di que os imperios en decadencia procuran reverter o veredicto inexorábel da historia exacerbando a súa agresividade e os seus atropelos no medio dun clima de insoportábel descomposición moral. Ocorreu co imperio romano, logo co español, máis tarde co otomano, despois co británico, o portugués e hoxe está a ocorrer co norteamericano. Non outra é a conclusión que pode tirarse ao mirar os numerosos vídeos que ilustran a forma en que se “fixo xustiza” co Gadafi, algo que descualifica irreparabelmente a quen se arrogan a condición de representantes dos máis elevados valores da civilización occidental. Sobre esta cabería lembrar a resposta que dera o Mahatma Gandhi á pregunta dun xornalista, interesado en coñecer a opinión do líder asiático sobre o tema: “é unha boa idea”, respondeu con sorna.
O imperialismo necesitaba ao Gadafi morto, o mesmo que ao Bin Laden. Vivos eran un perigo inmediato, porque as súas declaracións en sede xudicial xa non serían tan doadas de ocultar diante da opinión pública mundial como o foi no caso do Sadam Hussein. Se o Gadafi falaba podería facer espectaculares revelacións, confirmando numerosas sospeitas e abonando moitas intuicións que poderían ser documentadas contundentemente polo líder libio, achegando nomes de homes de palla imperiais, datos de contratos, comisións e subornos pagos a xestores, contas nas cales se depositaron os fondos e moitas cousas máis. Poderiamos saber que foi o que Estados Unidos lle ofreceu en troques da súa suicida colaboración na “loita contra o terrorismo”, que permitiu que en Libia se torturara aos sospeitosos que Washington non podía atormentar en Estados Unidos. Teriamos tamén sabido canto diñeiro achegou para a campaña presidencial de Sarkozy e que obtivo a cambio; cales foron os termos do arranxo con Tony Blair e a razón pola cal fixo donativos tan xenerosos á London School of Economics; como se organizou a trata de persoas para enviar mozas novas ao decrépito fauno italiano, Silvio Berlusconi , e tantas cousas máis. Por iso era necesario calalo, fose como fose. O último Gadafi, o que se vota aos brazos dos imperialistas, cometeu unha sucesión de erros impropios de alguén que xa viña exercendo o poder durante trinta anos, sobre todo se se ten en conta o que o poder ensina. Primeiro erro: crer na palabra dos líderes occidentais, mafiosos de colo branco aos cales xamais hai que crerlles porque máis aló dos seus trazos individuais -desprezábeis salvo algunha que outra excepción- son a personificación dun sistema intrinsecamente inmoral, corrupto e irreformábel. Viríalle ben a Gadafi ter lembrado aquela sentenza do Che Guevara cando dicía que “non se pode confiar no imperialismo nin unha chisca así!” E el confiou. E ao facelo cometeu un segundo erro: desarmarse.
Se os canallas da OTAN puideron bombardear a piacere a Libia foi porque o Gadafi desarticulara o seu sistema de defensa antiaérea e xa non tiña mísiles terra-aire. “Agora somos amigos”, dixéronlle Bush, Obama, Blair, Aznar, Zapatero, Sarkozy, Berlusconi, e el créunos. Terceiro erro, esquecer que como o lembra Noam Chomsky Estados Unidos só ataca a rivais débeis e inermes, ou que os considera como tales. Por iso puido atacar o Iraq, cando xa estaba desangrado pola guerra co Irán e longos anos de bloqueo. Por iso non ataca a Cuba, porque segundo os propios informes da CIA ocupar militarmente a illa custaríalle un mínimo de vinte mil mortos, prezo demasiado caro para calquera presidente.
Os imperialistas negáronlle ao Gadafi o que lle concederon aos xerarcas nazis que aniquilaron a seis millóns de xudeus. Foron os seus crimes máis monstruosos que as atrocidades dos nazis? E o Fiscal Xeral da Corte Penal Internacional, Luís Moreno Ocampo, mira para outro lado cando debería iniciar unha demanda contra do xefe da OTAN, causante dunhas 70.000 mortes de civís libios. Nunha mostra de repugnante putrefacción moral a Secretaria de Estado Hillary Clinton celebrou con risas e bromas a noticia do asasinato de Gadafi. (Ver http://www.youtube.com/watch?v=Fgcd1ghag5Y) Un pouco máis cautelosa foi a reacción do Tío Tom (o escravo negro apoltronado que pensa e actúa en función dos seus amos brancos) que habita na Casa Branca, mais que xa hai unhas semanas se mostrara compracido coa eficacia da metodoloxía ensaiada en Libia, a mesma que advertiu podería ser aplicada a outros líderes non dispostos a lamberlle as botas ao Tío Sam. Esta ocasional vitoria, preludio dunha infernal guerra civil que conmoverá a Libia e todo o mundo árabe en pouco tempo máis, non deterá a caída do imperio. Mentres tanto, como o observa un agudo filósofo italiano, Domenico Losurdo, o crime de Sirte puxo en evidencia algo impensábel até hai poucos meses atrás: a superioridade moral de Gadafi respecto dos carniceiros de Washington e Bruxelas. Dixo que loitaría até o final, que non abandonaría ao seu pobo e respectou a súa palabra. Con iso bástalle e sóbralle para erguerse por riba dos seus vitimarios.

Nenhum comentário:
Postar um comentário