Tirado de Diagonal e traducido por nós para o galego. A Xunta do PP segue vendendo a nación galega a prezo de saldo.
MONTES. Galiza permitirá a plantación masiva de eucaliptos. DAVID FERNÁNDEZ |
A Xunta prepara unha Lei de Montes que abre a porta para a xestión privada dos montes comunais até agora xestionados polos veciños dos municipios. Desde a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), o Sindicato Labrego Galego e outras trece asociacións denúnciase que a futura normativa dará a xestión de estes montes á Administración galega que á súa vez cederá o control dos bosques ás empresas privadas que converterán as terras, agora destinadas a pasto e outras actividades agrícolas, en lugares de cultivo de eucaliptos e coníferas para producir enerxía.
O executivo de Alberto Núñez Feijóo aposta por esta Lei de Montes autonómica, segundo declarou o Sindicato Labrego Galego a DIAGONAL, porque "Galiza rexíase até agora pola lei de montes estatal, a pesar das peculiaridades dos nosos bosques, moitos comunais. Pero Feijóo aproveita para permitir ás empresas madeireiras converter o monte galego en plantacións de especies de rápido crecemento, que se van a queimar para producir enerxía", denuncia o sindicato.
Cambio de xestión
As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común son unha figura específica de Galiza. Existen 3.000 comunidades veciñais que son propietarias de 600.000 hectáreas de monte, un 30% do total forestal de Galiza. A titularidade recae sobre os veciños, que non poden subdividir as extensións. O anteproxecto da lei é criticado tamén pola permisividade que se concede ás devanditas empresas, eliminando os usos tradicionais deses montes, agrarios e gandeiros. Ademais, en Galiza, a actual lexislación estipula que as plantacións forestais en terras agrarias están prohibidas, en virtude da lei 3/2007 de Prevención de Incendios. E estabelécese que se debe manter unha marxe de cen metros ao redor das vivendas nos que é obrigatorio a roza, e 50 nos que se impide plantar especies arbóreas pirófitas (que propagan con facilidade o lume). Con todo, a futura Lei de Montes contempla autorizar a forestación de terras agrarias e reducir a distancia de masas arbóreas ás vivendas até os 30 metros.
A futura Lei de Montes de Galicia descarta os usos agrarios e prevé a plantación masiva de eucaliptos e coníferas
Presentáronse 267 alegacións por parte de diversas organizacións agrarias das que só foron aceptadas 27, e cinco tivéronse en conta parcialmente. Pola súa banda, o Sindicato Labrego tamén manifestou a súa "preocupación por que se potencie un sector en alza como a industria enerxética de agromasa, que está a captar a atención dos arrendatarios, debido ás suculentas ofertas das empresas, que están a asinar contratos con propietarios para facer plantacións de eucalipto de alta densidade que cortan ao cabo de cinco anos". De feito, a Xunta aprobou o pasado 28 de xuño unha orde para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas. Asociacións agrarias e ecoloxistas denuncian tamén que estas plantacións de especies vexetais, non autóctonas, prexudican seriamente aos cultivos lindeiros porque necesitan grande cantidade de auga e impiden o paso da choiva á capa freática.
Explotacións forestais Co beneplácito de asociacións empresariais madeireiras como Monte Industria, cuxos representantes cualificaron a futura Lei de Montes de "necesaria", vaise a apostar por estes cultivos. Para o Director Xeral de Montes de Galicia, Tomás Fernández-Couto, o anteproxecto de Lei de Montes é un "texto consensuado entre as distintas entidades con intereses no sector", e engade que é necesario "crear auténticas explotacións forestais".
Porén, para as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común a lei que se prepara é unha imposición. Piden que a Xunta defina correctamente o Monte Veciñal en "Man Común" como "unha propiedade singular, nin pública nin particular, cunhas funcións importantes". Igual petición fíxose para que se diferenciasen os conceptos "monte" e "forestal". Con todo, a Xunta de Galiza non cambiou nadiña de nada o borrador.
Unha lei para as madeireiras
As organizacións campesiñas e gandeiras de Galiza denuncian que o anteanteproyecto da Lei de Montes derrogará o artigo 25 da actual Lei de Montes Veciñais, eximíndose de facer deslindes dos montes veciñais, un proxecto que leva esperando 20 anos, e que suporá un futuro de preitos por dereitos de propiedade. De igual maneira, o anteproxecto, elimina á Conselleria de Medio Ambiente a súa responsabilidade na loita contra as pragas e incendios no monte. Porén sobre todo, a nova lei non define os usos tradicionais dos montes veciñais, como o agrogandeiro e só potencia o uso forestal dos mesmos.

Nenhum comentário:
Postar um comentário