24/11/2011

25N: Para cambiar o mundo, acabar coa violencia machista

Nova tirada de aqui.

O sistema económico, que nestes dous últimos anos acelerou a súa voracidade engulindo recursos públicos e impoñendo un modelo social de competitividade, acumulación e usura, impón ao poder político, recortar e abolir todas aquelas políticas de igualdade encamiñadas a previr a violencia machista, á atención ás vítimas e á concienciación da sociedade. Políticas que desde o Feminismo avaliabamos como insuficientes, pero que marcaban o camiño que había que encetar para conseguir arrincar o machismo das nosas vidas.
Cada día, diante do asasinato dunha muller a mans do seu ex marido, ou do seu compañeiro, as autoridades condenan os feitos, a veciñanza manifestase rexeitando a agresión e pedindo xustiza, preguntándose por que continua engrosándose esta tráxica lista de mulleres vítimas da violencia machista.
Un feminicidio que vai marcando cada dia mais aldeas, vilas e cidades, no mapa dos asasinatos machistas. As mortes por violencia machista, por moi inexplicables que parezan, non son actos illados, fortuítos, senón que obedecen a unha cultura patriarcal no que as mulleres non teñen dereito a decidir sobre a súa vida. Son a reacción violenta de quen se cree posuidor dun ben, dunha propiedade, ou dunha escrava.
A solución non é doada e necesita do compromiso de todos e de todas, porque precisa de cambios profundos dado que o machismo está enraizado na nosa sociedade e non estamos facendo o preciso para desbotalo.
Ao feminismo non nos asusta continuar coa nosa responsabilidade e activismo na loita contra a violencia machista...non queremos que se volva ao pensamento de que a violencia machista son “os trapos sucios que hai que lavar na casa”.
Queremos concienciar sobre as estruturas sociais que alimentan e reproducen o machismo.
Queremos deixar claros os vínculos que existen entre a desigualdade e a violencia machista.
Queremos facer reaxir á sociedade ante a perda de dereitos e ante o desmantelamento de servizos públicos.
EN NOME DE TODAS AS MULLERES ASASINADAS CANDO PRETENDIAN RECONQUISTAR A SÚA PROPIA VIDA E POR TODAS ÁS QUE ESTAMOS A SUFRIR VIOLENCIA NON PODEMOS CONSENTIR NINGÚN PASO ATRAS.
Convocatorias deste ano:
Compostela
Venres 25 - 20.00h
Concentración na Praza do Toural
Xornadas de loita contra o patriarcado"(A violencia nas súas diferentes vertentes)
21 Novembro "A violencia de xénero nos medios" María Xosé Porteiro
22 Novembro Teatro forum guiado por Minke Lap
23 Novembro Proxección das curtas "Desenfocada" e "Nasija"
24 Novembro "A violencia institucional" Lola Ferreiro e Victoria e Dieguez
Lugar:
Librería Lila de Lilith (Rúa Travesa nº7)
Hora:
20:00
.
Ferrolterra
Venres 25 - 20.00h
Concentración na Praza Verde (Perlío - Fene)
.
Ourense
Venres 25 - 20.30h
Teatro na rúa: percorrido polas prazas: Parque San Lázaro (edificio sindical) - Praza do Ferro - Praza dos Suaves - Santa Eufemia
Sábado 26 - 19.30h
Proxección documental 'Silenciadas' + charla co director e música en directo
Museo Municipal de Ourense, Rúa Lepanto
.
Vigo
Venres 25 - 20.00h
Manifestación dende a Farola de Urzáiz ata o Marco

Nenhum comentário: