Juan Torres López. Artigo tirado de Rebelión (aquí) e traducido para o galego polo Consello editorial de Á revolta entre a mocidade. O dia 30 poremos a vosa disposición o noso novo voceiro dixital con máis páxinas e seccións. Boa lectura.
Á vista de como están as cousas dentro do Partido Popular, en España, en Europa e no mundo e sendo quen é Mariano Rajoy, non creo que a maioría absoluta que acaba de obter o Partido Popular vaia á ser suficiente para garantirlle ao futuro presidente unha etapa de goberno tranquila e estábel.
Paréceme que de maneira case inmediata ábrenselle, polo menos, seis grandes frontes, aínda que quizá non polo mesmo orde no que os comento.
O primeiro será a presión da extrema dereita do seu partido e dos seus votantes. De seu é numerosa mais é que ademais ten unha presenza desorbitada nos medios de comunicación, na poderosa xerarquía católica e en moitos dos líderes do partido. Pronto comezarán a esixir derrogación ou cambios radicais nas leis de matrimonio homosexual, dereito ao aborto, igualdade ou memoria histórica. E presionarán sen cesar para dispor de presenza non só testemuñal na vida política senón tamén nos aparellos do Estado e nos principais ámbitos de decisión. A súa influencia non é pouca e Rajoy débelle favores así que non lle vai a ser fácil evitar nin apoucar as súas demandas, sobre todo, sabendo que manter esa base electoral de extrema dereita (que en realidade despreza a un Rajoy a quen chaman, entre outras lindezas, Maricomplejines) é esencial para que o Partido Popular poida seguir gañando eleccións.
A segunda fronte é o que eu chamaría o das "grandes familias de ben" que non forman parte do grupo anterior, as dereitas económicas de toda a vida ou o dos fillos dos "ricos pola graza de Deus" do franquismo ao que se uniron os novos multimillonarios nados dos pelotazos da pasada burbulla inmobiliaria e das anteriores ondas de privatizacións. Nada mellor que os seus propios apelidos indican quen son e de onde veñen. Teñen intereses non só no aparello do PP, que en grande medida controlan, senón tamén nos negocios que xeralmente só son florecentes grazas ao proteccionismo semioculto que se practica a base de corrupción institucional, de axudas das administracións públicas, desgravacións fiscais e, sobre todo, pola súa estreita vinculación co sector financeiro nacional, porque nesta fronte inclúense ademais os banqueiros e grandes directivos que aínda non deron o salto completo aos mercados globais.
Trátase dun grupo que en etapas de globalización tendería a ser economicamente residual mais que en España non só non perdeu poder económico, influencia política e presenza mediática senón que mesmo a aumentou grazas ao modo tan pouco exemplar e democrático en que se fixo a transición desde a ditadura. Nel están tamén os grandes magnates dos medios españois, aínda que se atopen cada vez máis supeditados aos grupos internacionais que os controlan case por completo.
A mellor expresión dos seus intereses podería ser o documento que os grandes empresarios liderados pola Fundación Everis presentaron a El Rei, quen, por certo actuou sempre como o gran mascarón de proa desta oligarquía nacional, entre outras cousas, porque tanto el como a súa familia enriquecéronse á súa costa, como se está comprobando estes días co seu xenro Undargarín.
Desde esta fronte vánselle a pedir a Rajoy cambios que fortalezan a súa posición negociadora, que lles aforren impostos e resérvenlles mercados con menores custos, para o que reclamarán enseguida man dura para debilitar aos sindicatos, a quen como bos rentistas temen principalmente, e aos movementos sociais de resposta á deterioración social que saben que vai ir en aumento a medida que se apliquen as medidas que reclaman. Pedirán mesmo cambios constitucionais e, en xeral, un espazo político e social máis favorábel á dimensión nacional dos seus intereses industriais e financeiros. Algo que realmente implicaría unha modificación profunda non só de leis ou aspectos formais senón das regras de xogo e do marco institucional até agora existente e construído, con máis ou menos éxito pero con moitas dificultades, polos sucesivos gobernos democráticos.
A terceira fronte é posíbel que sexa o que en primeiro lugar se manifeste como problemático.
Creo que moi pronto comprobaremos que a prima de risco polas nubes non era culpa de Zapatero e que a presión de "os mercados" (a extorsión dos poderes financeiros) sobre España non tiña nada que ver con que gobernase un partido socialista que o fixese mellor ou peor.
Non me estrañaría nada que o que ocorrese sexa que moi pronto, antes mesmo de que se forme o goberno, se force un empeoramento da situación para dar lugar e justificar unha especie de intervención "suave", no sentido de que permita ser ben vendida por Rajoy como efecto da herdanza do goberno anterior, e que obrigue a que España acepte un préstamo voluminoso para que desa maneira os bancos alemáns recobren a maior parte posíbel da débeda dos españois. E de paso xustificar así unha batería inicial de medidas drásticas que non tivesen que achacarse á decisión autónoma do primeiro goberno de Rajoy senón á incompetencia de Zapatero.
É verdade que isto lle suporía ao novo presidente dificultades para levar a cabo calquera tipo de proxectos de rexeneración económica a curto prazo pero, en compensación, suporíalle a vantaxe de non ter que vender a dura disciplina do tratamento de choque inicial como algo propiamente desexado polo Partido Popular senón como unha especie de inevitábel castigo europeo á fatal xestión do malvado goberno anterior (que mesmo podería verse na obrigación de asinalas en funcións para o seu maior escarnio).
A cuarta fronte é o da mobilización social. Non é realista crer que a xestión que se aveciña, e da cal xa tivemos un tráiler moi completo en Castela a Mancha, Galiza ou Catalunya, se vaia levar a cabo sen resposta social algunha. Parvos de remate estarían os dirixentes sindicais se cresen por un momento que a política "de responsabilidade" doutras épocas vailles a protexer agora do que se lles está preparando. E van ser moitos os sectores sociais que van empezar a notar nos seus petos e nas prestacións ás que até agora tiveron dereito recortes que non podían nin imaxinar hai unhas semanas, de modo que será inevitábel que a fronte das mobilizacións sociais aumente.
O 15M, doutra banda, entrou nunha especie de estado letárxico como consecuencia do seu rexeitamento maioritario a tratar de influír na marcha das institucións, pero non me cabe a menor dúbida de que pronto vai volver a mostrar, quizá con máis forza e amplitude que nunca, un rexeitamento moi amplo ao que se está preparando. E non é de descartar que esta fronte se reforce ademais como consecuencia do achegue de moita militancia socialista que agora comproba con frustración as consecuencias do silencio e a pasividade mantidas baixo o funesto mandato do seu aínda secretario xeral.

A quinta fronte é o de Europa, convertida agora nunha caverna onde o que se dilucida é quen vai estar antes que os demais na configuración da nova orde internacional que se aveciña e na que os grandes poderes industriais e financeiros decidiron que sobran demasiadas veleidades sociais, que se perde moito tempo nas institucións representativas e que pola contra, hai que ir máis ao gran dos mercados. O que se vai a decidir nos próximos meses son as diferentes velocidades, quen se situará no proscenio e quen nos distintos anfiteatros e cadeiras de platea ou no galiñeiro.
E aí vai facer falta moito máis que un simple ex-presidente de deputación ou un rexistrador de provincias. E o problema é que, até agora, descoñecemos que pensa, como actúa e cales son as armas coas que Don Mariano pode abrirse paso nos corredores de Bruxelas.
É precisamente por isto último que Rajoy ten ante si, finalmente, a unha fronte que non é outro que el mesmo. Agora xa debe falar. Ten que dicir o que quere e o que vai facer e xa non pode botar a culpa a outros ou responder con máis silencios. Deberá xestionar o fin de ETA e a paz no País Vasco, seguramente tragándose todos os improperios cos que tratou de descualificar a Zapatero. Ten que indicar aos españois que medida tomará cada día que vaia pasando; non poderá disimular con sarcasmos a súa falta de ideas nin rirse de Zapatero ou Rubalcaba cando mostre falta de liderado. Terá que acudir ás citas internacionais e mostrar que sabe actuar e negociar mellor que Zapatero. E, sobre todo, terá que atopar a fórmula de contentar a todos sen que todos se lancen demasiado pronto ao seu pescozo.
Rajoy foi un multiministro na época de Aznar que nunca necesitou suar a camiseta, quizá porque se sabía colocado como sucesor pola graza dos pactos dun Manuel Fraga entón todopoderoso. Un ministro que, cando tiña baixo a súa responsabilidade a xestión do maior problema pendente da nosa sociedade, dedicábase a dicir que "Agora estou neste choio de Educación".
Porén, desde este momento, Rajoy non pode seguir actuando como o veu facendo ao longo de toda a súa carreira política, sen que puidese saberse se subía ou se baixaba. Enfróntase á súa propia historia e personalidade e terá que demostrar e demostrarse a si mesmo que non actúa como o que atopou outro choio, agora no Palacio da Moncloa, senón como un verdadeiro estadista.
Todas estas dificultades preséntanselle a Rajoy nunha conxuntura económica que vai ir a peor, nun clima de tensións internacionais que vai obrigar a tomar partido a todas as nacións, con poderes financeiros dispostos a sobreporse de calquera xeito que sexa aos representativos, cun modelo produtivo insustentábel cuxo recambio ninguén foi capaz de definir con acerto e con grupos sociais que lle serven de apoio (patronais, xudiciais, profesionais, relixiosos...) cegados e incapaces, até o momento, de propor outra cousa que non sexan simples ladaíñas ideolóxicas para saír da lameira no que estamos.
O tempo dirá o que dá de si Rajoy neste contexto, que lle aguantan e que non os seus compañeiros de partido e o conxunto dos españois.

Nenhum comentário:
Postar um comentário