24/10/2011

IDEAS (PSOE) e FAES (PP) reciben 80% das subvencións a fundacións políticas

Redacción. Información tirada de aquí.

José María Aznar, presidente da ultrarreaccionaria Fundación FAES.


A Fundación Ideas e a Fundación FAES, ligadas respecticamente ao PSOE y ao PP, acaparan  80% das subvenciones públicas que o Gobierno repartiu entre as organizacións culturais de carácter político. No BOE pode consultarse o reparto das axudas do Ministerio de Cultura, a cuxa frente está a polémica ministra Sinde. Os think tank Ideas e FAES repártense mais de 4 millóns de euros dos 5 adxudicados

A FAES, que financiou o nacemento en Galiza de Galicia bilingüe, que está presidida por José María Aznar e que mantén relacións con think tank ultraconservadores como Heritatge; recibiu un total de 2.072.549'55 euros para as súas actividades de 2011. A Fundación Ideas, presidida por José Luís Rodríguez Zapatero do PSOE ficou en segundo posto con 1.961.101'83 euros. Ou sexa, estanse financiando con proxectos públicos institucións cuxo único propósito a maioría das veces é deseñar políticas de austeridade, represión e crear sentido común reaccionario.

Lonxe destas están os 345.238'17 que recebiu a Fundación Campalans vencellada ao PSC, a Fundación por la Europa de los Ciudadanos de Esquerda Unida con 160.699'06 euros, a Fundación Catalista i Democrata (Catdem) de Convergencia Democrática con 119.423'71 euros, a Sabino Arana do PNV con 62.540'02 euros, a Fundación Progreso y Democracia de UPyD con 62.530'01 euros, a Fundación Josep Irla de ERC con 59.558'15 euros, a Fundación Galiza Sempre do BNG con 43.421'20 euros, o Insituto de Estudios Humanísticos Miquell Coll de Unió Democrática con 39.807'90 euros, a Fundación Privada Nous Horitzons de Iniciativa Per Catalunya con 37.454 euros, e por último a Fundación Canario Centro de Estudios Siglo XXI, de Coalición Canaria con 35.675 euros.

Postar um comentário