Imaxe da manifestación tristemente célebre de Galicia bilingüe en Compostela. |
Nun sistema electoral, como o vixente no Estado español, cunha estructura proporcional caótica en que o voto individual convértese en proporcións aritméticas noutra cousa ben distinta e NADA común nunha democracia amparadora do bipartidismo. Neste punto están os inconvenientes do que acontece cos mecanismos representativos, nun contexto en que o valor democrático produce unha inestabilidade no que respecta ao desenvolvemento partidario. Así é que o cidadán concorre ás chamadas electorais sen as garantías de representatividade que debe ter o seu voto, así é que o proceso político sustentado nestas manobras sostidas polos grandes partidos, orixinando un fraude aos que teñen menos posibilidades económicas de soster campañas e promocións electorais como vemos no caso do PSOE e PP, ao carecer dun dinamismo conxuntural e duns mecanismos de representatividade que o bipartidismo ben fomentando un sistema de reparto de votos que magnifica a maior das incoherencias do que se presume de manter unha democracia avanzada, permitindo e personificando ese dualismo que consolida desconxunturas para erradicar os partidos con menos influencia no electorado por falta de recursos.
Desde os primeiros albores democráticos os indicadores representativos contemplados na lei D’Hondt, fomentou unha cultura política de integración a un sistema dominante do que os grandes partidos non renuncian a esa inmobilidade integrista das proporcións numéricas, de participación e influencia destes partidos na vida social en varias continxencias. Neste dirección, compre falar do estado dos excluídos que o son no aspecto social, político e económico. Esta exclusión é persistente neses moldes e obstáculos que se referencian na desproporcionalidade do voto. Neste aspecto, e a propósito das incoherencias da democracia e seus sistemas de representatividade, un dos pioneiros democráticos como Rousseau, no seu “Contrato Social”, sobre os contidos dun goberno democrático, dixo: “Bastante igualdade entre as clases e as fortunas, sen o que a igualdade non podería substituír por moito tempo nos dereitos e na autoridade”.
Hai demasiada literatura sobre o proceso da transición española como modelo democrático, cando moi poucos falaron da corda umbilical e das potencialidades de clase que o franquismo transmitiu ao noso sistema constitucional; con tantas diverxencias na orde democrática e, particularmente, en función das clases dominantes, que impuxeron seus trucos e conductos de representatividade, xa non como defensa democrática senón como defensa de clase.
A fraxilidade dos poderes democráticos ofrecen na súa disparidade unha indefensión das clases mais débiles e subordinadas a unha estructura social perversa e extremadamente autoritaria, que inculca unha cultura política de democracia secuestrada e potenciadora de asimilismos e castracións. Así xurdiron os novos pobres da globalización, que temos que clasificalos como unha subclase proletaria. As novas situacións de empobrecemento da clase media –tan arisca co proletariado, e tan namorada da clase alta e dirixente- está agora ocupando espazos que perdeu o proletariado e polo camiño de homologarse con el como clase descendente.
Non só estamos no país dos excluídos senón tamén nun pais en que os dous grandes partidos que lideran e chaman a atención propagandística electoral. Teñen os dous irrefreábel culto a eses mercados que están contrapoñendo outros valores ben distintos ao que se debe entender por valores intrinsicamente democráticos.
Tódalas emocións electorais están postas nese dúo ecléctico que marca os pasos de Rajoy e Rubalcaba, prestixiados por seus partidos. Pero no ranking de desprestixio popular, pero no intre de ir ás urnas e hipotecar súa vontade delegando a vontade popular exclusivamente deses partidos. Así que o mecanismo democrático funciona baixo recursos dialecticamente manipulábeis e viavilizando demagoxias co fin de atraer un electorado que só ve o camiño dos grandes partidos que orquestran latifundios propagandísticos.
Un dos meus admirados pensadores políticos e que incidiu na responsabilidade civil e no ánimo democrático dos gobernados, foi Maquiavelo. Ao que Marx tantas veces recorreu a seu pensamento para dar corpo a súa dialéctica da loita de clases. No capítulo IX de “O Príncipe”, Maquiavelo argumentou: “Para aprender a gobernar en calquera cidade encóntranse dúas forzas contrarias, unha das cales non deixa que o pobo sexa dominado nen oprimido polos grandes, e a outra de quereren os grandes dominar e oprimir o pobo. Non se pode honestamente satisfacer aos poderosos sen lesionar aos outros, mais pódese facer en relación aos pequenos; porque o intento dos pequenos é mais honesto que o dos grandes; en cuanto estes desexan oprimir, aqueles non queren ser oprimidos”. Maquiavelo, pois, continúa ilustrándonos sobre a democracia manipulábel e operativa en favor deles.

Nenhum comentário:
Postar um comentário