15/11/2011

Noam Chomsky: A Era Obama

Título: La era Obama y otros escritos sobre el imperio de la fuerza.
Autor: Noam Chomsky.
Editora: Pasado&Presente, 250 pp.

"El capitalismo es capaz de destruir la posibilidad de una vida digna", así rezaba o  cabezallo que o xornal Público incluiu recentemente para apresentar no Estado español o seu novo libro. Nel Noam Chomsky (1928) segue retratando o derrumbe do xigante americano no camiño de Sobre o poder e a ideoloxia (Laiovento) ou Estados fallidos.

En La Era Obama Chomsky afirma que o ultraliberalismo "dos últimos trinta anos foi un desastre para a maioría da xente sen contar cos países que directamente ignoran as regras, como grande parte de Asia oriental". Lido por nós hai un tempo (o libro indica que foi distribuído a partir do 15 de novembro, mais o día 3 nós xa o tiñamos lido) o libro é unha boa base para entender os redobrados ataques ao Irán por parte do imperialismo dos EUA e os seus parceitos de Europa Occidental e Israel.

Para o lingüista e analista, "a forma de capitalismo que xeralmente se chamou 'capitalismo', é capaz de destruír a posibilidade dunha vida digna, e desde logo encamíñase nesa dirección. Se a devastación capitalista pode pararse a tempo, está en mans da poboación" nun aceno inequívoco aos "indignados" de todo o mundo.

Fresco, de doada lectura e con reflexións de sentido común, que tanto escasea hogano, este libro tórnase imprescindíbel en calquera biblioteca que goste do pensamento crítico.


Nenhum comentário: