23/11/2011

O Estado español xa paga máis xuros ca Grecia pola súa débeda

Redacción.
Imaxe tirada de aquí.

Os especuladores aprobeitan o período electoral e a falta de "medidas" do novo presidente para obrigar onte ao Tesouro a pagar máis que Grecia na súa emisión de letras a tres e seis meses. Os xuros chegan até 5'11% frente a 2'29% da anterior subasta e supera a que fai unha semana pagou o Estado grego (4'63%).

Canto os títulos a seis meses, o xuro elevouse até 5'32% frente ao 3'3% da subasta anterior. A subida dos tipos de xuro e a baixada nas perspectivas de crecemento -que é recesión ou depresión- suporá um aumento da débeda pública e por tanto retroalimentará a "austeriade" exixida preparando o desembarco do FMI. Amais, os "mercados" agora exixen o mesmo cáseque polos bonos a seis meses que polos bonos a dez anos o que revela até onde é unha situación insustentável que levará à queda do Estado e forzará a "intervención". A prima de risco xa supera os 460 puntos. 

Nenhum comentário: