19/12/2011

Máis de 2.000 persoas reclaman en Compostela a demisión do Valedor do Pobo e do conselleiro de Educación

Tirdo  do site do BNG (aquí).


Membros da Executiva nacional na concentración.

Interviron no acto final a escritora Teresa Moure, o actor Luís Iglesia, coñecido polo seu papel de Carmelo Matalobos e o presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego, Carlos Callón.
 
A TVG e a Radio Galega nin tan sequera cubriron o acto
A plataforma Queremos Galego realizou hoxe en Santiago de Compostela unha mobilización reclamando o cesamento do Valedor do Pobo e do conselleiro de Educación pola súa caza de bruxas contra un libro de texto por dicir que “o galego é a lingua propia de Galiza”, citando para iso de forma literal o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía.

O portavoz da plataforma, Carlos Callón, recorda que “esa afirmación é unha verdade innegábel, tanto dun punto de vista obxectivo, como curricular ou mesmo xurídico: a lingua propia de Galiza é o galego, aínda que haxa dúas linguas oficiais”. O tamén presidente da Mesa pola Normalización Lingüística recorda que “se este manual escolar di na páxina 57 que o galego é o idioma propio de Galiza, xa na páxina 56 sinala explicitamente que O castelán é a lingua oficial de España, polo que a pretensión de censuralo se torna aínda máis vergoñosa”.

Guillerme na concentración

Máis de 2.000 persoas responderon á chamada de Queremos Galego e reclamaron o cesamento do Valedor do Pobo e do conselleiro de Educación “pola súa caza de bruxas contra a nosa lingua e contra a nosa cultura”. O acto estivo arroupado por rostros coñecidos como Carlos Blanco, Miguel de Lira, Isabel Risco, O Carrabouxo, Pepe Penabade, Roberto Sobrado, Cesáreo Sánchez Iglesias, Marga Romero, Roi Casal, os compoñentes de Zurrumalla, Luís Iglesia (coñecido polo seu papel de Carmelo Matalobos) e Teresa Moure; estes dous últimos foron os encargados de leren o manifesto final.
 
O acto finalizou co canto de tres cancións por parte de toda a xente mobilizada, cos títulos “Miren señores que historia”, “Ergámonos” e “Derrogas Albertiño”, onde se apela de forma irónica aos ataques que está a padecer o idioma galego desde que preside a Xunta Alberto Núñez Feijóo.

Nenhum comentário: