Vicenç Navarro. Tirado de aquí e traducido por nós.
Cando o Goberno Zapatero afirmaba que tiña que levar a cabo as políticas de redución de dereitos laborais (como debilitar os convenios colectivos) e sociais (como alargar a idade de xubilación, conxelar as pensións ou recortar o gasto público social) como consecuencia da presión dos mercados financeiros, estaba, en realidade, tentando externalizar a responsabilidade de desenvolver unhas políticas altamente impopulares. Algo semellante ocorrerá agora co Goberno Rajoy. En ambos os casos, os executivos dinnos que non son eles senón os de fóra, é dicir, os mercados, os que mandan mentres que os gobernos non teñen outra alternativa que desenvolver tales políticas.
Coa axuda dos maiores medios de información e persuasión do país, os gobernos tentan presentar tales políticas como determinadas por forzas exteriores sobre as cales teñen poquísima capacidade de influencia. O grande argumento, que xustifica tales políticas, é que son necesarias para "dar confianza a tales axentes externos: os mercados financeiros". Noutras palabras, hai que reducir o déficit e a débeda pública, e hai que reducir os salarios e debilitar aos sindicatos a fin de acougar aos mercados para que estes presten o seu diñeiro ao Estado español, permitíndolle con iso poder pagar os seus gastos. O problema con este esquema político-intelectual é que cada un dos postulados sobre os que se basea é erróneo, é dicir, os datos empíricos non o sustentan. Vexámolos.
En primeiro lugar, non son os mercados financeiros, senón principalmente os bancos, as compañías de seguros e os fondos especulativos españois (o eixo do que se chamaba antes a burguesía financeira, termo abandonado na linguaxe política-mediático actual por consideralo "anticuado") os que posúen case a metade da débeda pública española. A maioría da outra metade posúena bancos, compañías de seguros e fondos especulativos europeos, grande número deles relacionados cos mesmos fondos españois. Só unha mínima parte posúena entidades financeiras estranxeiras (é dicir, de fóra da Unión Europea).
Os "mercados financeiros" son, pois, basicamente as nosas institucións financeiras (españolas e europeas). Utilizo o termo "nosas" para indicar a súa identificación político territorial, pois de nosos -no sentido de posesión por parte da maioría da poboación- teñen pouco. Están controlados por un número pequenísimo de persoas (os xerentes, gobernadores e accionistas), menos do 0,1% da poboación, que se benefician enormemente de que o Estado español teña que pagar até un 7% de interese para conseguir diñeiro prestado dos bancos aos cales o Estado debe pagar, diñeiro que procede dos recortes de gasto público en pensións, sanidade, educación, escolas de infancia, servizos domiciliarios ás persoas con dependencia, entre outros. As clases populares de España, que son as máis afectadas por estes recortes, teñen que apertarse o cinto para que o Estado poida pagar á nosa burguesía financeira, á cal, por certo, o noso Estado debe reducir os seus impostos e axudándoa, prestándolles millóns e millóns de euros para que non colapsasen o sistema financeiro como resultado das súas prácticas especulativas (e moi en particular no sector inmobiliario) ao estalar a burbulla do ladrillo que eles crearon.
Pero, por se non fose pouco, tal burguesía financeira, tanto española como europea, recibiu unha enorme cantidade de diñeiro do Banco Central Europeo (BCE), que é unha institución pública (os seus dirixentes son nomeados polos estados da Eurozona, incluído o Goberno español), que está na práctica controlado por nosas (españolas e europeas) institucións financeiras. O BCE imprime millóns e millóns de euros e dáos (bo, dar, dar, é un dicir, aínda que os intereses son ridículamente baixos) aos bancos, os cales, con este diñeiro, especulan e compran débeda pública a uns intereses desorbitados.
O segundo suposto erróneo é asumir que non hai outra alternativa á dependencia que os estados teñen da banca privada. Iso non é certo. O Estado pode xerar recursos a base de, por exemplo, incrementar, en lugar de baixar, os impostos á banca, ás rendas do capital e ás rendas superiores. E o BCE, en lugar de dar diñeiro á banca, poderíallo dar aos estados para comprar a súa débeda pública aos mesmos intereses que llos dá á banca. Pero non o fai, co cal o Estado ten que pedir prestado á banca. Un círculo virtuoso para a banca e desastroso para os estados. Pero as cousas empeoraron aínda máis porque cando por fin o BCE comezou a enviar diñeiro aos estados comprando a súa débeda pública, o BCE (que é o lobby da banca) impuxo unhas condicións draconianas, que se resumen nun ataque frontal ás clases populares e ao seu Estado do benestar.
Non son, pois, os mercados financeiros, senón a nosa burguesía financeira, aliada coa burguesía financeira europea, quen está a controlar as nosas institucións públicas, as mesmas que nos din que non hai alternativas. E para o máximo abuso, os nosos representantes políticos na súa última reunión en Bruxelas, queren agora asegurar aos bancos (para darlles, mesmo, máis confianza) que estes nunca, repito, nunca, perderán diñeiro. É dicir, que os estados lles deberán pagar sempre o diñeiro que supostamente lles deben. E todo iso preséntase co argumento de que non hai alternativas.
Pero si que hai alternativas. Os estados poden controlar aos bancos, en lugar de ser ao revés, estabelecendo, por exemplo, bancos públicos. E poden cambiar ao BCE póndoo ao servizo da poboación e da economía produtiva, e non ao servizo da banca. Que non o fagan débese, non ao poder dos mercados, senón á excesiva influencia política e mediática das nosas burguesías financeiras.

Nenhum comentário:
Postar um comentário