Giorgos Mayrikos (KKE) lanza o proxecto de lei para a austeridade ao Ministro de Economía |
Mais de 100.000 manifestantes comezaron hoxe unha nova etapa, cualitativa, na loita pola dignidade, a democracia e a liberdade. Os sucesos de hoxe en Grecia, que responde a unha autoorganización popular que vén de anos, poden calificarse como o estourido dunha revolución nun Vello Continente esmagado polo grande capital. Desde Á revolta entre a mocidade manifestamos o noso máis unánime sentir de solidariedade e apoio ao mellor de Europa: os seus pobos e a loita pola súa soberanía e a súa autodeterminación.
Aínda que a cobertura das televisións españolas, até de TVE de carácter público, sexa -como non podía ser doutra forma para que non se dea a "teoría da mazá podre" tan cara á oligarquía financieira- sexa pésima por Internet coñecemos que máis de 100.000 persoas se manifestaron en Atenas e Salónica, principais cidades helenas, contra o novo plano de axuste da UE e o FMI aprobado polo parlamento coa oposición de todos os partidos da esquerda.
Os que pedían evitar a quebra do país, nunha guerra civil entre os especuladores e a burguesía contra os traballadores gregos e europeos, acaban de demostrar que quebraron efectivamente unha sociedade que xa non atura máis e responde como en Arxentina coa revelión cívica. Os "demócratas" que impoñen gobernos técnicos e "austeridade" (miseria) para a inmensa maioría da poboación vén como a sociedade civil exerce a democracia nas rúas. Mentres uns deputados, maioritariamente mercenarios dos ditados do capital, aproban o novo plano de "axuste" a cidadanía máis activa e consciente di "abonda!", incendia a casa do concello de Atenas, bancos e estabelecementos de multinacionais.
Nestas horas convén lembrar verbas como as de Federico Mayor Zaragoza: "El sistema capitalista se tiene que hundir igual que se hundió el comunista. Yo en su momento escribí que se había hundido un sistema que, basado en la igualdad, se olvidó de la libertad, pero ahora se hundirá uno que, basado en la libertad, se olvida de la igualdad". Nestas horas providenciais para o futuro de toda Europa TOD@S SOMOS GRECIA.
Nenhum comentário:
Postar um comentário