23/04/2012

Chamábanse "mercados"

A sangría económica da II Restauración borbónica das rendas do capital para as rendas do traballo  non é producida polos funcionarios como di a extrema dereita e tampouco é unicamente responsabilidade da corrupción dos "politicallos" (ser político é outra cousa) do establishment. Poñamos rostro a algúns dos integrantes da bancocracia, diso que chamamos "mercados".



(1)-- Manuel Escribano, ex-director xeral de Caja Segovia. Prexubilouse cunha aposentadoría pactada de 6 millóns de euros.


(2)-- José Luis Méndez, ex-director xeral de Caixa Galicia. Recibiu unha pensión de entre 15 e 20 millóns de euros. Milleiros de galegos afectados polas preferentes perderon parte ou a totalidade dos seus aforros.

(3)-- Lucas Hernández, ex-director xeral de Caja Duero. Recibiu unha "indemnización" de 1'3 millóns de euros.
(4) Francisco Fernández, ex-vicepresidente de Caja España. Cobrou 500.000 mil euros como traballador en excedencia da entidade.


(5)- Roberto López Abad, ex-director de CAM. Prexubliouse con 3'8 millóns de euros. Asegurouse xunto con outros catro altos executivos unha prexubilación de 12'8 millóns de euros en total. Cinco altos cargos da CAM repartíronse 15'5 millóns en prexubilacións cando a entidade estaba sendo "resgatada" polo FROB e o Banco de España con fondos, xa que logo públicos. Cando se xubilen poden recebir unha renda vitalicia de 369.497 euros.



(6)- Josep María Loza, ex-director xeral de Caja España-Duero. Cobrou 10 millóns euros, entre indemnización e plano de pensións. 

(7)- María Dolores Amorós, ex-director xeral de CAM. Pactou unha pensión vitalicia de 370.000 euros anuais.
(8).- Ricard Pages, ex-presidente de Caixa Penedes. Contaba cun plano de pensións de 11 millóns de euros.
(9)- Domingo Parra, ex-director xeral de Banco de Valencia (Bancaja). Pactou unha indemnización pola súa saída de 7'5 millón de euros.

(10)- José Luis Pego, ex-director xeral de Nova Caixa Galicia. Pactou o pago de 10'8 millóns de euros, en concepto de "indemnización" e "pensión". Feijoo, presidente da Xunta de Galiza, mentres acimentaba o proceso de bancarización das caixas galegas deixou de lado os milleiros de afectados das preferentes.


(11)- Juan Salido, ex-director xeral de Cajasol (Banca Cívica). Prexubilouse cunha pensión de 950.000 euros.

(12)- Manuel Troyano, ex-director xeral de Caixa Penedés. Pactou xunto con outros tres directivos unha pensión por un volume agregado de 20 millóns de euros.





Nenhum comentário: