18/03/2010

Crónica persoal e modesta dun Consello Nacional excepcional

Para o Encontro Irmandiño, o BNG, en continuo declive dende dende hai case dous lustros, está necesitado de reflexionar sobre a realidade da Galiza actual para trazar as liñas estratéxicas que permitan continuar no proceso de emancipación nacional e iniciar a recuperación nas próximas municipais. Restablecer a credibilidade da fronte nacionalista esixe, en primeiro lugar, cumprir coa legalidade estatutaria, respectar as normas básicas de convivencia democrática que nos dimos, e non suspendelas por "situacións excepcionais".


O Encontro Irmandiño tivo razón nos seus argumentos ou, polo menos, estes foron plantexados con veracidade e non construíndo o discurso segundo conveña á decisión que se quere adoptar, como parece que fixo a UPG.

O cerne do asunto é que para o comunismo patriótico todo vai ben mentres que no EI se fai outra análise do momento político que leva á conclusión de que é preciso un profundo proceso de reflexión acerca dos erros do nacionalismo galego e un exercicio de resintonización ca sociedade, de xeito que a Asemblea Nacional que se propón non é, dende logo, "para mirármonos o embigo durante tres meses", senón, precisamente, para saír da nosa charquela, na que se pode estar algo quente, pero na que tamén crían os bechos e apodrece a auga. Mirar para o embigo é o que propón a UPG: seguir nesta louca fuxida cara adiante no convencemento de sermos a vangarda das loitas sociais do noso país - ben advertiu Beiras na súa intervención: ¡a ver se imos confundir os intereses das clases traballadoras cos intereses do partido que teoricamente as representa e estes cos da súa clase dirixente! -.

Ler o artigo completo aquí. Paula Vázquez Verao

2 comentários:

Anônimo disse...

O BNG deslegitimou-se como órgano assembleario e genuinamente repressentativo do nacionalismo galego oficialmente o dia que renunciou a assembleia de militantes e instaurou a assembleia de delegados. As organizaçons políticas que renunciam a isso e delegam cada vez máis poder no aparato do partido perdem a súa funçom repressentativa da militancia e convertem-se como é hoje o bloque num produto de marketing ó servizo de determinados interesses. Esse bloque nasceu oficialmente o dia que liquidou á militáncia mas já havia tempo que se vinha gestando. As soluçons? Autogestom (que para nada a tem o BNG, onde jurde como em qualquer outro partido o clientelismo) e fim da professionalizaçom da política.
Logo o demáis a min pareze-me, modestamente, caer no devate dos burócratas que virom no bloque a oportunidade de trepar fai tempo.

Um saúdo

Paula Verao disse...

A cuestión é que hai que actuar con intelixencia, e que no plano local o BNG aínda serve, e moito, en moitos lugares. Iso si, tampouco pode un durmirse.
Certo é que, unha vez suprimidas as Asambleas a nivel nacional e unha vez conculcados os estatutos en algo tan básico como convocar a Asamblea Ordinaria en prazo non hai moito máis que agardar do aparato, incumplir os estatutos en calquera punto xa se lles fixo natural.
Apertas.