08/04/2010

Xa está ben de feminimo de clase media!

Carrie Hamilton

* Traducido do castelán da revista Sin Permiso.

O feminismo académico urbano, obsesionado coa árbore dos cabarets e as revistas de pornografía para cabaleiros, é incapaz de ver o bosque.
O recente documental da BBC “Nais”, emitido en catro partes, foi suficiente para facer chorar de desasosego a calquera feminista experimentada. Logo da primeira emisión de rigor sobre as feministas célebres da segunda ola, e do espanto na segunda semana coas nais consumistas post-feministas, ansiaba ver o final. As “activistas” prometeron celebrar o rexurdimento do activismo feminista na Inglaterra de hoxe. É moi desafortunado que este novo feminismo só apareza coma un pequeno grupo de mulleres londinenses que chamaron a atención dos medios durante os últimos anos cunha única consigna: a violencia contra as mulleres.
A longo e ancho do planeta non é posíbel atopar feminista algunha que non se indignara pola violencia sexual e doméstica, e tamén pola aplastante evidencia da complicidade dos gobernos e dos sistemas policiais e xudiciais, que perpetúan a violencia e protexen aos perpetradores. É correcto que a violencia contra as mulleres sexa a maior preocupación dos movimentos feministas. Sen embargo, este grave problema non pode ser entendido -nin afrontado- sen poñelo en relación con outras formas de violencia ou de opresión, coma o racismo, as leis que restrinxen o traballo e a migración, e a pobreza. Pero os grupos caracterizados como “activistas” - Object e London Feminist Network – aínda reflexionan sobre a violencia exercida sobre as mulleres principalmente de maneira illada. Teñen miles de cousas que dicir sobre a forma en que os medios convirten ás mulleres en obxectos pero, extrañamente, pouco que dicir sobre o consumismo ou o capitalismo.
Os temas preferidos destas organizacións parecen ser os cabarets, a pornografía, as revistas porno para cabaleiros e a industria do sexo en xeral. Esto é parte dunha tendencia crecente do feminismo de clase media: os Feminist writers e os bloggers can't seem to get enough de prostitución e pornografía. Pero, para a maioría das mulleres non son estes os temas máis importantes. ¿Por que unha traballadora do sexo encarna mellor o sexismo que unha muller profesional competente á que se lle nega a promoción frente a un colega varón e mozo? ¿Ou que unha rapaza que non recibe a educación que merece porque a súa familia é demasiado pobre para xogar a postcode lottery [esta expresión naceu para referir a imposibilidade de acceder ao tratamento de HIV por parte das familias pobres, e significa que no lugar no que se vive determina a calidade y o acceso á atención da saúde. n.T] ou para pagar as matrículas? ¿Ou que unha muller inmigrante que tén ao seu fillo encerrado nun centro de detención?
Os problemas serios de violencia contra as mulleres, e a opresión sexista en xeral, resultan groseiramente simplificados cando se asocian constantemente coa industria do sexo. As campañas feministas para eliminar o traballo sexual baixo o lema de que é o mesmo que a violencia en contra das mulleres non son só malas para as traballadoras do sexo ás que desexan protexer; son tamén mala cousa para o feminismo.
Centrar a atención na violencia machista exercida sobre as mulleres é malo para o feminismo porque coloca a ás mulleres ante todo en posición de vítimas, mentras outorga poder á policía masculina e aos políticos para que nos “protexan” dos “homes malos”. Retrotráenos ao modelo esgotado de dous xéneros opostos: home-masculino-agresivo contra muller-feminino-pasivo. Esto no estorba á análise – e por iso mesmo, impide unha oposición política efectiva – da maneira en que a violencia contra as mujeres se relaciona con outras formas de violencia que sofren mulleres (e homes). Pero, ante todo, é malo para o feminismo porque define as experiencias femininas de sexo e sexualidade exclusivamente en termos de temor e perigo, reservando aos homes o terreo privilexiado do desexo e o pracer.
Nos últimos 25 anos, todos os que estivemos cerca percibimos os ecos dos debates feministas sobre “as guerras ao sexo” dos 80. O máis deprimente sobre esta repetida historia é que os grupos como Object e LFN ignoran a riqueza da teoría feminista da representación, do desexo e a sexualidade, e tamén os estudos sobre as interseccións entre sexismo, racismo e clase que se veñen realizando dende hai algunhas décadas. Pero a responsabilidade por esta falta de reflexión teórica non pode ser imputada unicamente ás activistas. Tén que ser compartida polas feministas académicas, moitas das cales abandoaron a esfera pública do debate político y do activismo nos últimos anos. Esto tamén é malo para o feminismo.
Un retorno do diálogo entre o feminismo académico e o activismo podería axudarnos a entender por que tantas mozas de hoxe se sinten atraídas polas formas de feminismo que enfatizan a violencia masculina sobre as mulleres, antes que calquera outra forma de sexismo. Outras persoas observaron que os actuais grupos de mozas feministas en Inglaterra están compostos por mulleres “predominantemente brancas, de clase media e universitarias”. ¿Por que esas mulleres privilexiadas se sinten atraídas por un movemento que as pon en primeiro lugar e fundamentalmente como vítimas do patriarcado?
Afortunadamente hai moitísimas outras feministas, procedentes de xeracións e historias distintas, que buscan os lazos entre a violencia contra as mulleres e outras opresións. Un grupo delas redactou recentemente un Manifiesto para un Feminismo do século XXI, no que destacan a explotación das mulleres en todos os ámbitos do mercado laboral, e non só na industria do sexo, e recoñecen que a sexualización da sociedade é parte do capitalismo consumista de hoxe. Este é o tipo de feminismo que precisamos que renaza hoxe.

Um comentário:

Unknown disse...

Isto para mim é o fundamental do artigo e do que deveriamos tomar boa nota:


"Pero, ante todo, é malo para o feminismo porque define as experiencias femininas de sexo e sexualidade exclusivamente en termos de temor e perigo, reservando aos homes o terreo privilexiado do desexo e o pracer.

(...)

Afortunadamente hai moitísimas outras feministas, procedentes de xeracións e historias distintas, que buscan os lazos entre a violencia contra as mulleres e outras opresións. Un grupo delas redactou recentemente un Manifiesto para un Feminismo do século XXI, no que destacan a explotación das mulleres en todos os ámbitos do mercado laboral, e non só na industria do sexo, e recoñecen que a sexualización da sociedade é parte do capitalismo consumista de hoxe. Este é o tipo de feminismo que precisamos que renaza hoxe".