16/06/2010

non só é cousa do Beiras

Hai quen poidera pensar que a atracción que exerce o irmán Xosé Manuel é suficiente para mover montes de xente polo país adiante, mais todo indica que, ademais do factor Beiras, hai algo no ambiente que fixo que centos de persoas ateigasen as charlas sobre a crise de Bueu e Vigo.

Lembremos: foron actos do Encontro Irmandiño previos á súa III Asemblea Nacional, non eventos do nacionalismo organizado, así que, poida que esta afluencia de público demostre tamén que, para acadar esa “masa crítica” que esborralle o círculo de morte no que o sistema-mundo anda metido, non vallan as consignas nin os actos públicos electoralistas cortados polo mesmo patrón; non sirva entender o corpo social coma quen resolve un problema de matemáticas; non sexan suficientes as condicións obxectivas para tronzar o modelo socio-económico e precisemos da toma de consciencia por parte do pobo, da iniciativa persoal, da organización colectiva consciente e, tamén, por suposto, das grandes personaxes que saben observar a Historia coma dende un alto.

Nese camiño andamos este tempo a militancia do Encontro, achegando unha explicación sobre a crise ás xentes do común, de irmáns á irmás e viceversa, nun diálogo entre iguais, pois non só chega coa prédica dos expertos – moito menos dos que cren selo –, que é fundamental tamén coñecer as impresións que tén a propia clase operaria, as labregas, os mariñeiros, sobor do sistema que os esgana. Se Beiras cae tan “simpático”
de συν- e πάσχω, padeder con – , agora coma nos noventa, non é por ser un intelectual brillante, que tamén, senon por comprender os padecementos da xente galega, por conectar coas súas arelas de xustiza, por explicar coas palabras do pobo o encerello das finanzas mundiais, o engano da moeda común europea, a crise da hexemonía estadounidense, a erosión do Welfare State… 

A iso andamos e nese contexto inserimos a III Asemblea Nacional do EI, e, precisamente, ese contexto é o que obriga, ao noso xuizo, a acometer unha profunda reflexión no nacionalismo organizado, xa non só no BNG, ao que lle tocaba por mandato estatutario. Non se trata de guerras internas, nin de ensimesmarse nin de abrirse á sociedade. Trátase de ser sociedade, de exercer de cidadáns e cidadás, no sentido republicano, e de forzar a conciencia crítica do noso pobo, que non pode ninguén negar a capacidade das xentes do común para enfrontar o novo Imperalismo, malia aceptando a actuación dos mecanismos coloniais e alienantes de distinto signo que difunden os “falsimedia” e demais aparatos.

Vigo. 15-xuño-2010.

* Crónica de www.vigoalmituto.com aquí.

Nenhum comentário: