12/07/2010

Qué se debería facer para saír da crise e qué non se fai?

Vincenç Navarro

* Traducido do castelán de aquí.

O QUÉ SE DEBERÍA FACER

Existe hoxe no mundo un grave problema. A taxa de crecemento económico de EEUU e da Unión Europea (UE) -que representan a metade da economía mundial-  descendeu dunha maneira moi notábel. En realidade, ambos continentes mesmo tiveron un crecemento negativo do cal se están recuperando moi lentamente, primeiro EEUU e agora os países da UE-15. O crecemento neste último grupo de países é moi baixo, bastante menor cá o de EEUU, aínda que este tampouco pode aínda tirar foguetes. En maio só se crearon 20.000 novos postos de traballo en EE.UU., comparados cos 217.000 do mes anterior. En cambio, varios países en vías de desenvolvemento están crecendo dunha maneira moi acentuada, e o que máis medra é China, nada menos que un 8,7% ao ano (en 2009). Así, China é o que máis medra e moi por detrás está EEUU, e bastante máis atrás está a UE. Por qué este gradiente de crecemento? A resposta é fácil de ver e ten dous compoñentes. Un é o estímulo económico e a forma en que se está realizando tal estímulo. China gastou o 8% del PIB en inversións públicas encamiñadas a crear emprego. EEUU un 5%, cun tipo de estímulo que favoreceu a creación de emprego público e privado. En cambio, na UE o estímulo foi moito menor (2,3% do PIB) e consistiu predominantemente en rebaixas de impostos que teñen escaso impacto na creación de emprego. En EEUU, voces influíntes coma a do conselleiro económico do presidente Obama, o Sr. Larry Summers, están pediendo agora un segundo estímulo de 200.000 millóns de dólares (os sindicatos –AFL.CIO- están pedindo 400.000 millóns de dólares). Na UE, en cambio (aínda que sexa difícil de crer), estase a reducir o gasto público, o cal é unha longa nota de suicidio económico. Pero como as economías non morren (é dicir, non se colapsan), a non ser que algunha forza as empurre para que caian e sexan sustituídas por outro sistema (o cal non é probábel que suceda), entón o que probabelmente ocorrerá é que crecerán moi pouco cun sacrificio xeneralizado entre as clases populares. Por certo, é posíbel que esto ocorra tamén en moitos países presionados polo FMI, o maior portavoz neoliberal, que está impoñendo recortes moi sustanciais dos gastos públicos, condenando –como o denuncia un informe recente de UNICEF- á miseria a aqueles países (ver a segunda parte deste artículo).


O outro compoñente da resposta é que o grado de recuperación dun país depende do grado de control que o estado teña sobre o capital financeiro. A maior control, maior recuperación. O estado chino controla o sector financeiro, mentras que na UE é ao revés, o sector financeiro parece controlar aos estados. O que se debera facer é que o estado controlara ao sector financeiro. Sen que isto ocorra, é difícil predecir unha rápida recuperación.

O que estou dicindo é obvio, pero que sexa obvio non é garantía de que se faga, pois facelo implica unha vontade política de enfrentarse ao capital financeiro, que é ao que os políticos da UE non se atreven. No seu lugar, sacan agallas e enfróntanse cos máis débiles. O que Joseph Stiglitz definiu como enfermiza obsesión europea cos mercados laborais, quere dicir que o capital financiero continúa moi forte e o mundo do traballo continúa moi débil nos países da UE. Agora ben, tales reformas non terán ningún impacto sobre a disminución do emprego - o maior problema d a UE -. Todo o contrario, perxudicarano.

O QUE REALMENTE ESTÁ A OCORRER NA UE
Estamos vendo que en España e na Unión Europea se están a desenvolver as políticas neoliberais que os grandes grupos empresariais e financeiros desexaron que se realizasen durante moitos anos e que, agora, aproveitando a crise (que as empresas financeiras crearon), están presionando aos estados para que estes as impoñan ás clases populares. A “crise” é a excusa para, por fin, poder reducir o estado do benestar e desregular os mercados de traballo e, con elo, debilitar aos sindicatos, e así conseguir unha disminución dos salarios. Para alcanzar o primeiro –a redución do estado do benestar- estase a utilizar o argumento da disciplina fiscal, que para eles significa a eliminación do déficit fiscal do estado e a disminución da súa débeda pública a base de reducir o gasto público (incluíndo o gasto público social). Para alcanzar o segundo (debilitar os sindicatos e baixar os salarios), sulíñase a necesidade de aumentar a competitividade a fin de poder estimular a economía mediante as exportacións dos produtos nacionais. Neste esquema, as voces neoliberais –que soían utilizar a Estados Unidos como o seu punto de referencia- agora toman a Alemaña como modelo, presionando para que os países da UE copien as súas medidas. Naquel país, as rendas do traballo disminuíron moi acentuadamente a costa dun exuberante crecemento das rendas do capital, basadas na banca e nas empresas exportadoras.
Estas medidas neoliberais preséntanse como necesarias para saír da crise. Sen elas, supostamente, os países da UE –incluíndo España- non sairán da crise na que se atopan. É importante ser consciente de que as mesmas voces neoliberais utilizaron os mesmos argumentos antes de que se presentara a crise. Se len, como eu o fago, os documentos do Fondo Monetario Internacional, do Banco Central Europeo e do Banco de España, así como os informes da OCDE e da patronal española, verán que estas receitas neoliberais estivéronse implementando dende os anos oitenta. Os seus documentos son extremadamente previsíbeis. Lido un, lidos todos. Todos estiveron a dicir o mesmo. O último documento é un informe do Deutsche Bundesbank que non ten desperdicio. Di que, a non ser que tales políticas se apliquen, a economía europea se fundirá. E promoven, unha vez máis, as políticas neoliberais, co respaldo do FMI. Parece que, por fin, o conseguiron.



AS CONSECUENCIAS POLÍTICAS DO FMI E DA UE
A Unión Europea –dominada pola banca alemana e a banca dos outros países do centro da UE-15-, asistida polo Fondo Monetario Internacional, xa estivo aplicando estas políticas dende hai anos nos países bálticos como condición para ser admitidos na eurozona. Os resultados foron desastrosos. Calcúlase que o PIB destes países se reducirá un 20% dende que tales reformas se iniciaron en 2007. Ningún país (dende que EEUU perdeu o 25% do seu PIB durante a Gran Depresión) experimentara unha situación semellante. O FMI asume con excesivo optimismo e falta de realismo que tales economías se recuperarán. Pero mesmo utilizando as súas proxeccións, recoñecen que en Lituania o PIB será en 2014 un 7,1% máis baixo que o do ano 2007; en Estonia un 9,1%; e en Letonia un 14%. Mentras, en todos eles o desemprego  disparouse e está entre o 15% e o 20%. Estas receitas, por certo, diron sempre os mesmos resultados en todos os países nos que se levaron a cabo. Latinoamérica é o continente que máis as sufríu como consecuencia de que o FMI impuxera as súas receitas a un gran número de países, sendo os casos máis coñecidos os de Argentina e Bolivia. Naqueles países a intervención do FMI determinou un descenso do PIB e un aumento espectacular da pobreza. En realidade, estes casos son exemplo de políticas enormemente impopulares, por ser dañinas para os intereses das clases populares, sendo, á vez, sumamente ineficientes. De aí o enorme desprestixio do FMI (que chegou a cuestionarse mesmo o valor da súa permanencia) e o xurdimento de gobernos de esquerda, que practicamente expulsaron ao FMI dos seus países. Argentina, co goberno Kirchner en 2001, cambiou radicalmente as súas políticas económicas, abandonando as políticas neoliberais do FMI, e en lugar do desastre que o FMI vaticinara, despois de seis meses dende o inicio de políticas keynesianas, creceu un 9% durante os seguintes seis anos. En 2008 a economía arxentina medrara enormemente, tendo aumentado o seu tamaño un terzo do seu volume.
Unha situación semellante ocorreu en Bolivia, onde o goberno Morales cambiou radicalmente de políticas, pasando de políticas neoliberais a políticas tradicionalmente expansivas de gasto público, nacionalizando á vez o gas e o petróleo. Bolivia é hoxe un dos países con maior crecemento na América Latina.
¿Por qué estas políticas neoliberais tan nocivas continúan propoñéndose? A explicación que se deu con mai
or frecuencia é a persistencia dun dogma – o dogma neoliberal reproducido no Consenso de Washington e a súa versión europea, o Consenso de Bruxelas - nos forums financeiros e nas institucións políticas que influencia. Pero a pregunta que debe facerse é por qué esta ideoloxía continúa promovéndose. E a resposta é obvia. Estas políticas continúanse implementando porque serven aos intereses das clases financeiras e empresariais. O feito de que consideren que a redución do déficit e da débeda é o obxectivo máis importante das súas políticas é porque a redución da protección social e o elevado desemprego debilita enormemente á clase traballadora, e refórzaos a eles, aumentando os seus beneficios. Como consecuencia das políticas neoliberais, as rendas do capital aumentaron alcanzando niveis sen precedentes e as rendas do traballo descenderon. E esto é o que conta para eles. Todo lo demais é secundario.
Pero para poder facelo, precisan presentar tal práctica como necesaria, sendo asistidos nesta laboura por instituciones neoliberais que configuran a sabedoría convencional económica, promovida na maioría de medios de información e persuasión, ocultando á vez realidades bochornosas que amosan non só as súas incompetencias senon tamén as súas incoherencias. O FMI, que está impoñendo aos países enormes sacrificios salariais e grandes reducións dos beneficios sociais (tales como retrasar a idade de xubilación) paga aos seus funcionarios salarios astronómicos (a pesar das súas claras deficiencias), permitíndolles que se xubilen aos 51 anos (si, lérono correctamente, 51 anos) pagándolles pensións que sobrepasan os 100.000 dólares estadounidenses. No é preciso engadir máis comentarios.

Nenhum comentário: