28/09/2010

Aínda estamos a tempo


* Consulta aquí o número 41 do suplemento Altermundo, adicado á folga xeral.

A convocatoria da primeira folga xeral no Estado español –en Euskadi xa houbo dúas– dende o estoupido da crise das subprime en 2008 parece ser tan polémica como necesaria. Malia que chega algo tarde, aínda hai tempo para que a cidadanía, até agora autoexcluída do debate, se autoorganice tanto para reverter algunhas decisións xa tomadas, especialmente ao redor da reforma laboral, como para evitar as novas medidas de axustamento popular que están no caixón dos poderes políticos e económicos.
Ao tempo, tamén debe servir para que o sindicalismo de clase cambie de rumbo e comece a defender realmente aos traballadores e ás traballadoras, así como para facer pensar a unha esquerda política máis que desnortada. Altermundo falou da cuestión con Xesús Seixo, secretario xeral da CIG [páxs. 8 e 9], e achega dous artigos en defensa da folga cedidos por eminentes críticos das políticas económicas, Juan Torres López e Vicenç Navarro [páxs. 6 e 7].


CONTIDOS:

Páx 2. EIVAS. O HOLOCAUSTO CIGANO: ONTE E HOXE, por José Steinsleger (La Jornada)
Páx 3. ALTERNATIVAS. UN PLANETA, UNHA TERRA, UNHA PATRIA..., por Coperactiva Cultural
Páx 4. ACTIVISMO. ARUNDATHI ROY: “Os movementos indíxenas son, sen dúbida algunha, a nosa única esperanza", por Vittorio Sergi (Desinformémonos)
Páx 5. MISCELÁNEA. DICIONARIO DO ALTERMUNDO (Liberalismo económico, Lobby). QUEN É... Toni Negri. O QUE LER... Primer Diccionario Altermundistas (Attac, 2008). REVISTA: Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas. REDE DE REDES... Diário Liberdade. CAMPAÑAS: O Banco de Santander e o negocio das armas.
Páx 6-7. POLO MIÚDO. RAZÓNS PARA DARMOS APOIO Á FOLGA XERAL, por Juan Torres López. OS MOTIVOS SEGUNDO O PROFESOR VICENÇ NAVARRO.
Páx 8-9: QUE É O QUE DI... XESÚS SEIXO (CIG): “Ou hai unha clara contestación social ou o poder político non se moverá un chisco”
Páx 10. CONVOCATORIAS. PALESTINA, FORO MUNDIAL EN TERRA OCUPADA. VII SEMANA CONTRA A DÉBEDA E AS IFIS. TERRACTIVA, FESTIVAL DAS ARTES POLA BIODIVERSIDADE; MMM. III ACCIÓN INTERNACIONAL EN ÁFRICA; IV FORO SOCIAL MUNDIAL DAS MIGRACIÓNS; POBOS INDÍXENAS E BO VIVIR; ALIANZAS POR UN MUNDO RURAL VIVO; COP-10, A BIODIVERSIDADE EN XOGO; CONTRA OS TERRÍBEIS XEMELGOS: FMI/BANCO MUNDIAL: MÁIS ACTIVIDADE MUNDIAL PARA O MES DE OUTUBRO
Páx 11. MOVEMENTOS. ARGUMENTOS PARA A RESISTENCIA… E O CAMBIO, por Marcos Gay Varela (Altermundo)
Páx 12. O REMATE. AMIGOS DO CARBÓN, INIMIGOS DO CLIMA, por Xosé Veiras (Verdegaia). Gustavo Duch. Eduardo Galeano. Viñeta de Kalvellido. 

Nenhum comentário: