20/09/2010

I concurso fotográfico, pictórico, literario - Folga Xeral 29 - S


Queremos que coñezas máis os motivos polos que se convoca a folga xeral do 29 de setembro (mais ben, os motivos polos que deberíamos convocar unha “folga xeral indefinida”) e que contribúas a que outras persoas mozas se informen.
Para iso, propoñémosche que expliques, a través dunha fotografía, un debuxo ou un texto, por qué é para ti importante secundar o paro.
Para informarte, podes consultar o tag “folga xeral 29-S” no blog da mocidade irmandiña (aquí).

- Prazo de presentación dos traballos: ata o 9 de outubro de 2010 [AMPLIAMO O PRAZO ATA O 9 DE NOVEMBRO DE 2010]. Enviaranse por correo electrónico a revolta_irmandinha@hotmail.es. Cada dirección de correo electrónico pode enviar un traballo de cada categoría (foto - debuxo - texto). Non hai límites de idade para participar.
- O xurado estará composto por mozos e mozas do EI, que elixirán un gañador en cada categoría. A decisión comunicarase á(s)dirección(s) electrónica(s) gañadora(s) e publicarase na web da mocidade irmandiña.
- O texto terá, como máximo, 2000 caracteres, sen contar os espazos, e as imaxes enviadas “pesarán” menos de 2 MG. 
Os traballos premiados publicaranse no próximo voceiro da mocidade do EI. O mellor de entre os tres traballos premiados levará unha bandeira estreleira.

NOTA - Todos os traballos serán publicados no blog www.revoltairmandinha.blogspot.com baixo licenza Creative Commons.



Nenhum comentário: