Egill Helgason. Artigo tirado de aquí. A " paráfrase" desde o inglés é de noso. Recomendamos encarecidamente que os que teñan bon coñecemento do inglés recorran á ligazón orixinal.
Eis unha famosa citación de Harold Wilson: "Unha semana é moito tempo en política". Cando escrebemos as presentes liñas é totalmente confusa cal será a situación política en Islandia no tempo dunha semana. O día antes será a concentración pública máis grande en Reykjavík desde a revolución "Tarros e pans" que derrubou o goberno de PM Geir H. Haarde, o cal presidiu o derrubamento da economía islandesa.
Este escritor ten que admitir que estaba totalmente errado no seu último artigo publicado em Gravepine. Foi titulado "Un Caso De Fatiga Revolucionaria". Algunhas das análises eran precisas, ponhamos por caso con respeito á perda de optimismo e iniciativa da cidadanía, o cal foi evidente durante algún tempo após o accidente. Mais cando o autor dixo que Islandia estaba no intre de descender para a apatía estivo enganado? Polo menos por agora.
Unha noite de demostracións feroces
A segunda-feira 4 de Outubro era un día de demostracións feroces en Austurvöllur, unha praza esgrevia dominada polo Alþingi, unha catedral bastante modesta e unha estatua do século XIX do heroe nacional Jón Sigurðsson. Durante o verán é un sitio onde as persoas comen ou beben cervexa, mais aquela noite o aspecto era totalmente diferente. Barrís de aceite grande foron batidos, as fogueiras foron acendidas, outra vez había un balbordo de tarros e pans -mais isto estaba bastante lonxe para o exuberante joyful- Tarros e pans? Revolución.
Unha noite de demostracións feroces
A segunda-feira 4 de Outubro era un día de demostracións feroces en Austurvöllur, unha praza esgrevia dominada polo Alþingi, unha catedral bastante modesta e unha estatua do século XIX do heroe nacional Jón Sigurðsson. Durante o verán é un sitio onde as persoas comen ou beben cervexa, mais aquela noite o aspecto era totalmente diferente. Barrís de aceite grande foron batidos, as fogueiras foron acendidas, outra vez había un balbordo de tarros e pans -mais isto estaba bastante lonxe para o exuberante joyful- Tarros e pans? Revolución.
Baixo o alboroto do protesto que encheu Austurvöllur, PM Jóhanna Sigurðardóttir tentou facer o discurso político anual como Primeiro Ministro. Explicou o que cumprira no último ano e o que ía seguir facendo. Deste xeito, era un primeiro día laborábel moi tradicional de Alþingi, mais á luz da multitude enfadada fóra, todo parecía pouco imaxinativo e asaz inadecuado. Á luz das circunstancias parlamentares podería saír ao balcón de Alþingi e dirixirse á multitude co espírito do famoso discurso de De Gaulle: "Je vous ai compris" Entendo.
Porque o pobo protesta?
Porque o pobo protesta?
Porén, que facían aquelas persoas protestando? Ben, en Islandia hai un sentimento grande de rabia e resentimento após o que sucedeu en 2008. Os islandeses decatáronse de sócato de que vivían non nun fermoso paraíso, mais nun Estado corrupto e, por tanto, a confianza nas instituicións como o Parlamento, o goberno, o servizo civil e os bancos pasou a ser extremadamente baixo. Moitas persoas son moito mais pobres ca antes. Un destes casos extremos é o dunha anciá que sobrevive con 20 euros ao mes após pagar o que debe por mor de inversións contraídas por mediación do banco Glitnir en activos tóxicos.
Historias como estas son comúns. Islándia está experimentando practicamente cada unha das crises que se están producindo no sistema capitalista: unha crise bancaria, unha crise da moeda, unha crise da débeda, a explosión da bolla imobiliaria e un mercado de stocks arruinado.
O período do crédito regalado
O período do crédito regalado
Entre 2003 e 2008, os prezos dos andares en Reykjavík e as vilas próximas disparáronse alcanzando o seu teito. Isto era principalmente por mor de que, após ser bastante restritivo, os bancos comezaron a dar hipotecas como para unha voda, competindo cun goberno que corria para aloxar os bancos. Axiña, empezaron a deixar 100% do prezo dun predio ou unha casa - e aos poucos, como as taxas de xuros ISK foron subindo, os empréstimos foron dados fóra en denominacións estranxeiras.
Islandia era tradicionalmente un Estado onde poucas persoas tiñan acceso ao crédito. Daquela, os islandeses tenderon a considerar os empréstimos como un agasallo - é un feito surprendente o pouco efecto dentro de Islandia das taxas de xuros. Así nun período de crédito doado, as persoas empezaron a tirar empréstimos como se se acabara o mundo.
Unha política de propriedade
Algúns deles eran naturalmente temerarios, estirando mais os pés do que a manta daba. É por veces bastante difícil ver quen merece ser resgatado após este período de vacar grossas e quem nom. Porén para algúns a escolla foi ben cativa. O impacto mais duro sofrérono persoas con idades comprendidas entre os 25 e 40 anos, que compraban as súas primeiras propriedades. Non existe practicamente ningún mercado de aluguer en Islandia para falar del, xa que a política de goberno era que basicamente todo o mundo debía dispor a súa propriedade desde unha idade temperá. Isto é moi diferente, por exemplo, dos Estados escandinavos [con políticas públicas de fomento do aluguer, etc.]. Estas persoas, daquela, non tiveron máis elección que endebedarse para ser capaces de conseguir un sitio para viver ao tempo que os predios acadaban os seus máximos históricos.
Após o derrubamento da bolla estes empréstimos deviñeron nunha carga imposíbel, por pesada e inxente, para moitos fogares. Moitas contraíranse en moedas estranxeiras o que agravaba a situación após a devaluación da moeda, unha práctica considerada ilegal polo Tribunal Supremo, segundo unha setenza recente. Tamén contribuíu para esta carga a desenfreada inflación islandesa. Os ordenados cairon a níveis de hai moitos anos, enquanto o traballo se reduciu e o desemprego aumentou, mais os prezos das casas non foron caendo ao mesmo ritmo (e xa non falemos das hipotecas) [trátase entón como na Galiza e en toda Eurolandia de disciplinar as rendas do traballo e contibuír para a distribuición horizontal da riqueza, é dicir, das rendas do traballo para as rendas do capital - financeiro-].
Os resgates bancarios
O actual goberno foi moi zoupón no tocante a tratar este problema, pois envelenou a vida política da illa. Canda o bolla explodiu o goberno garantiu todos os depósitos bancarios e milheiros de millóns gastáronse para o resgate dos activos tóxicos onde as persoas máis ricas puñan os seus cartos*. Mais a percepción resultante é que se fixo ben pouco, por non dicir nada, tocante aos debedores comúns.
Os resgates bancarios
O actual goberno foi moi zoupón no tocante a tratar este problema, pois envelenou a vida política da illa. Canda o bolla explodiu o goberno garantiu todos os depósitos bancarios e milheiros de millóns gastáronse para o resgate dos activos tóxicos onde as persoas máis ricas puñan os seus cartos*. Mais a percepción resultante é que se fixo ben pouco, por non dicir nada, tocante aos debedores comúns.
É un paradoxo que no tempo dun goberno nominalmente de esquerdas a banca recebeu novos folgos. Eles todos colapsaron, mais agora voltamos ter o mesmo sistema bancario ca antes da crise, agás un feixe de insitucións financeiras máis cativas que foron absorvidas. Dous dos bancos mudaron os seus nomes. Un dos manifestantes deste 4 de outubro dixo-me: "Este goberno da esquerda tivo os bancos nos seus xeonllos, mais entón decidiu resucitalos."
Quen está protestando ?
Está tamén a cuestión de quen protesta. Algúns mesmo teñen exposto que fundamentalmente son as clases medias, que normalmente poderían aderir o Partido da Independencia - responsábel da crise. Moitas persoas de esquerdas seguidoras do goberno que tomou parte activa no Tarros e pans revolution, ficaron fóra neste tempo. Hai mesmo quen afirma que os manifestantes chegaban no seu SUV's, enchendo todo o aparcadoiro da praça do centro do lugar.
Na multitude da noite contemplábase unha bandeira nazi, xunto con outras insignas neonazis, avivando a inquedanza de que a extrema-dereita podería ir en aumento no país. Había tamén unha bandeira coa imaxe do Che Guevara, así como as banderias negras dos anarquistas e libertarios. Algúnhas destas persoas pdoerían ter unha orde do día diferente, variando desde unha aversión ao FMI ou a UE a aversión xeral do capitalismo.
O escudo defensivo que fallou
Contodo, pode ser afirmado que os manifestantes eran persoas bastante normais, persoas cuxa raiba é alimentada coa incopetencia constante da caste política dirixente. Unha entrevista do Comité Investigador Especial revelou que 150 persoas das elites, moitas delas políticos, non sentían remorso nen responsabilidade algunha polo acontecido. A maioría destas persoas pode ficar esperando a que todo volva a normalidade e que os seus gaños se recuperen axiña mentres a sociedade civil se frustra máis e máis polos shocks posteriores ao derrubamento.
Con certeza o goberno, aínda advertindo que a tarefa ía ser difícil, anunciou que aprobaría un pacote de medidas defensivas para as moradas de Islandia. O prazo para isto, "skjaldborg", deveu un byword para promesas rotas. Tamén ía ser un goberno do bem-estar nórdico*, despois de moitos anos de implacábel políticas ultraliberais. Contodo, o goberno foi extremadamente mao en comunicar coas persoas e pouco inspirando entón. A confianza en Alþingi, o parlamento islandés, é case inexistente. Poucas persoas lamentan que era encribado con ovos e tomates a segunda-feira 4 de Outubro.
Con certeza o goberno, aínda advertindo que a tarefa ía ser difícil, anunciou que aprobaría un pacote de medidas defensivas para as moradas de Islandia. O prazo para isto, "skjaldborg", deveu un byword para promesas rotas. Tamén ía ser un goberno do bem-estar nórdico*, despois de moitos anos de implacábel políticas ultraliberais. Contodo, o goberno foi extremadamente mao en comunicar coas persoas e pouco inspirando entón. A confianza en Alþingi, o parlamento islandés, é case inexistente. Poucas persoas lamentan que era encribado con ovos e tomates a segunda-feira 4 de Outubro.
Un país ingobernábel?
Isto todo conduce a un baleiro político serio. Poucas persosa parecen estar dispostas a carregar nas costas as políticas dos anteriores gobernos. Un dos políticos prominentes do Partido da Independencia tivo que ser resgatado pola polícia durante un acto. En setembro, o parlamento decidiu, após recomendacións desde o comité parlamentar, perseguir o ex-primiero ministro Geir Haarde perante un tribunal especial que nunca antes fora convocado. Isto provocou a reacción dos siareiros de Haarde, mais era evidente que ninguen en Austurvöllur se mostraba da súa parte.
Podería ser resumirse que, polo de pronto, Islandia é esencialmente ingobernábel. O debate está inusualmente viciado e a falla de compromiso pódese presenciar en blogues locais. Estranxeiros que veñen aquí ver un país con casas agradábeis, coches e tendas. A crise non é evidente cando andas por Reykjavík. Mais debaixo de alí xace unha amábel montaxe que está comendo enriba do noso capital social. O sentimento da maioría é que o país é ingobernábel. Un estudo comparativo recente mostra que a confianza en Islandia está no nível, non de Suecia ou os outros países veciños, mais de Venezuela.
Brain drain (fuga de cérebros)
Hai quen pide un goberno de concentración nacional, ou un goberno dos especialistas nomeados polo Presidente. Mais entón un marabilláse de se tales gobernos terían o poder ou o interese para tratar de atacar os bancos, que parecen retomar as súas vellas mañas. Pouco dim das débedas dos extremadamente ricos encanto persiguen os debedores pequenos, nada dos donos de grandes cotas pesqueiras ou do lobby da agricultura e dos xefes do fundo de pensións.
Temos unha nación que pensaba que o derrubamento económico era algo abstracto que non podía afectar a persoas do común, mais agora sábeno. A crise, en islandés a kreppa, será un longo asunto popular. Un dos perigos serios derivados da débeda, os cortes no orzamento, o desemprego e o desencantamento xeral é que as persoas máis novas deixarán o país en rabaños. Islandia ten moitos quilómetros cadrados, mais unha populación escasa - a brain drain é a última cousa que necessitamos-, mais apenas porta con porta temos a rica Noruega...
Notas do blogger
*Reférise no artigo aos CDS - credit default swaps- ou derivados financeiros de incumpremento creditico que atentan contras as débedas soberanas dos estados e dos particulares. Os CDS son opacos e non se submeten a nengún controlo. De feito, a maior parte da cidadanía, e aínda dos cadros dirixentes das organizacións políticas da "esquerda" ignóranos. Esta desregulación, tan do gosto ultraliberal, únese ao seu funcionamento surrealista, xa que son apostas a que algo vai ir mal coa única condición de depositar uns "aforriños" de 10 millóns de dólares como mínimo, ou sexa, un verdadeiro mercado negro da aristrocracia financeira mundial. O seu crecemento desde o ano 2000 foi espectacular: 45'5 billóns de dólares en 2008 frente aos 21'9 millóns do mercado de valores e os 7'1 billóns de dólares do mercado hipotecario e que os 4'4 billóns de dólares do mercado da débeda pública usamericana. Hoxe, o seu valor creceu até 70 billóns de dólares, é dicir, 1'5 veces o PIB mundial!!!.
Nenhum comentário:
Postar um comentário