23/11/2010

Non hai resgate para o Haití

Jesus Maraña. Artigo tirado de aqui e traducido por nós para o galego.

Haití non ten un sistema financeiro contaminado por hipotecas subprime ou produtos derivados. Tampouco unha burbulla inmobiliaria nin economía mergullada nin un mercado bolsista en que se produzan apostas baixistas ou alcistas. Haití é simplemente o país máis pobre de América. Despois de sufrir en xaneiro pasado un terramoto que enterrou a máis de 200.000 persoas, enfróntase agora a unha epidemia de cólera que xa custou 1.344 vidas e infectou a máis de 23.000 homes, mulleres e nenos. Porén o efecto contaxio do cólera non preocupa á comunidade internacional tanto como o da quebra da débeda de Irlanda. Nin moito menos. A Organización Mundial da Saúde solicitou a semana pasada 164 millóns de dólares para loitar contra unha das enfermidades máis fáciles de erradicar se se conta cos mínimos instrumentos médicos.

O diñeiro necesario para loitar contra o cólera equivale ao 0,15% dos 80.000 millóns de euros que se calculan para Irlanda. Onte, o coordinador humanitario da ONU en Haití denunciou que só se recibiu o 10% da axuda reclamada. Tamén onte, España dirixiu unha carta aos 27 países da UE solicitando un esforzo especial para Haití, pero o consello de ministros de exteriores reunido en Bruxelas aprazou calquera decisión á súa próxima cita, prevista para o 13 de decembro. As persoas non son bancos, así que non precisan videoconferencias urxentes. Non hai fondo de rescate para Haití.

Nenhum comentário: