Versión galego ILGA-RAG
Despois de valorar como moi positivo o dialogo aberto coa cidadanía no proceso asembleario comarcal e a nas concurridísimas conferencias coloquio de X.M. Beiras por todo o País, o Encontro Irmandiño acordou fixar o día 15 de xaneiro para a primeira xornada da súa IIIª Asemblea Nacional.
A temática que se abordará abrangue dende a constitución legal do Encontro Irmandiño como organización política plena coa conseguinte posta ao día dos Principios Organizativos e Estatutos, até a definición da súa relación co BNG.
Mais como tema central da IIIª AN o Encontro debaterá e acordará sobre a alternativa política con especial atención ao que atinxe a defender ao País do PP e á oposición ao ultraliberalismo no Reino de España, en Europa e no mundo.
Lograrmos un sistema económico medioambientalmente sostíbel que faga realidade o dereito a vivir e producir na nosa terra, unhas institucións galegas dignas de tal nome, unha sociedade solidaria interna e externamente e unha cultura republicana e laica serán sen dúbida o guieiro da IIIª Asemblea Nacional do Encontro Irmandiño.
Versom galego AGAL
Preme aqui para deixar os teus dados e participar
A temática que se abordará abrange desde a constituiçom legal do Encontro Irmandinho como organizaçom política plena com a conseguinte posta ao dia dos Princípios Organizativos e Estatutos, até a definiçom da sua relaçom com o BNG.
Aliás, como tema central da III AN o Encontro debaterá e acordará sobre a alternativa política com especial atençom ao que atinge a defender ao País do PP e à oposiçom ao ultraliberalismo no Reino da Espanha, na Europa e no mundo.
Alcançarmos um sistema económico medioambientalmente sustentável que faça realidade o direito a viver e produzir na nossa terra, umas instituições galegas dignas de tal nome, uma sociedade solidária interna e externamente e uma cultura republicana e laica serám sem dúvida o guieiro da IIIª Assembleia Nacional do Encontro Irmandinho.
Nenhum comentário:
Postar um comentário