16/12/2010

As pensións en dez chaves

 Ignacio Escolar, artigo tirado de aquí e traducido por nós.
 
1. España ten unha pirámide de poboación inusual: o baby boom durou até o 70 pero despois a natalidade afundiuse de golpe.

2. Esta singularidade demográfica vai provocar que cando os nados nesa década -a miña xeración-  nos empecemos a xubilar, seremos moitos máis pensionistas que agora en relación co número de traballadores que presumiblemente haberá.

3. A  longuísimo prazo non se pode manter o modelo tal cal está -onde as cotizacións duns serven para pagar a xubilación dos outros- porque o número de pensionistas aumentará bruscamente, a esperanza de vida tamén sobe e a natalidade non ten pinta de mellorar.

4. España non gasta moito en pensións de xubilación: só o 8,4% do PIB, cando a media europea é do 10,1%.

5. Se non hai reforma algunha e cúmprense os peores prognósticos da Unión Europea, para o 2060 a porcentaxe do gasto en pensións en España será do 15,1%.

6. É evidente o difícil que resulta prognosticar como será a economía española dentro de 50 anos; é tan inxenuo como fose imaxinar en 1960 como sería España en 2010.

7. Non é a primeira vez que estas previsións fallan estrepitosamente.

8. Pero incluso dando por boas estas cifras -todas saen do último informe da UE (PDF),- ese 15,1% do PIB de gasto en pensións será pouco superior ao que HOXE (e non en 2060) gastan estados como a Franza (13%) ou Italia (14%).

9. Hai dúas solucións: rebaixar as pensións e o tempo en que se gozan para que saian máis baratas -niso están-. Tamén hai outra alternativa, da que a dereita neoliberal non quere nin ouvir falar: que a diferenza se pague con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado, por medio de impostos. Xa o fan así outros países, como Austria ou Dinamarca.

10. Todo isto sábese desde hai anos e a présa por reformar non vén por estes datos, senón porque aos mercados encántalles a austeridade. A dos demais.

2 comentários:

Anônimo disse...

Nom está em galego, máis anda no fío das xubilacions

http://blogs.publico.es/dominiopublico/2816/el-retraso-de-las-jubilaciones/

Paula Verao disse...

Grazas, Eva. De Vincenç Navarro temos traducidos algúns artigos neste blog: http://revoltairmandinha.blogspot.com/search/label/Vicen%C3%A7%20Navarro