O ex-eurodeputado do BNG, Camilo Nogueira, e o membro da fundación Galiza Sempre, Xavier Macías, no FSM de Dakar. |
Os movementos sociais e cidadáns de todos os continentes reúnense durante seis días na capital senegalesa co fin de unir as súas forzas, pór ao dìa as súas proposicións e construír xuntos as mobilizacións para outros mundos.
Este FSM ten lugar en plena crise social, continuación da crise financeira, da "salvaciòn” das finanzas polos Estados e despois a imposiciòn dos plans de austeridade : os-as cidadáns pagan a crise ao prezo màs alto, mentres as finanzas continùan a súa prosperidade. A crise social, ecolóxica, alimentaria, xéopolitica, todas elas interrelacionadas, son o pano de fondo deste foro, que quere pór ao descuberto a crise sistémica do capitalismo e unha crise de civilización, como os organizadores do foro viñeron subliñando a través dos temas propostos para debate.
Pero este FSM tamèn vén marcado co reforzo dos movementos sociais e das súas converxencias, sobre todo no Sur, posibilitando así as vías para futuras estratexias. Isto adquire moita màs importancia en África, continente que pagou un tributo moito maior coas políticas impérialistas, coloniais e neoliberais. Unha xornada enteira estarà dedicada especialmente para con África e, como preludio do Foro, as caravanes cruzaràn África Oeste buscando o encontro coas poboacións antes de reunirse en Dakar. O FSM virá marcado evidentemente polas loitas sociais pola democracia e a xustiza en Tunes, en Exipto, en Alxeria e na rexión Mediterránea no seu conxunto. A vitoria do pobo tunisiano no reclamo da súa liberdade reforzará a determinación de todos os movementos sociais.
Este FSM serà igualmente ocasión para abrir o movemento altermondialista ás novas loitas, como aquelas que teñen como obxectivo o facerse co destino das terras, e sobre todo contra a extracción acelerada dos recursos naturais, dos bens comúns, o desprezo dos pobos e dos écosistemas. Permitirá por tanto profundar o diálogo con movementos que estiveran moi presentes no último Foro social mundial de Belém, 2009 : pobos indíxenas de Latinoamérica e doutros lugares que constrúen vías alternativas fronte a un desenvolvemento depredador dos recursos naturais, loitas para a xustiza climática, movemento para a recuperación dos bens comúns, reflexións sobre o "bo vivir".
Attac Galiza e os Attac do mundo estaràn representados en Dakar formando parte dunha delegación con centos de persoas. Organizarán seminarios e asembleas sobre as alternativas contra o dominio da finanza global, sobre a xustiza climática, a soberanía alimentaria, o acceso á auga, as migracións, a transición ecolóxica, a preparación do cume da Terra en Rio en 2012. E serà en Dakar que os Attacs lanzaremos unha dinámica mundial de mobilización fronte ao G8 e ao G20, para maio e novembro próximo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário