24/03/2011

Gadaffi despídese de todos vostedes

Tariq Ali. Tirado de Sin Permiso e traducido por nós para o galego-portugués.

http://www.aamindell.net/picts/research/oneness.gif
O coello/pato de Wittgenstein.







O discurso de despedida de Gadaffi que imaxinou o noso amigo Tariq Ali, unha das raras voces informadas, críticas e sutilmente intelixentes da esquerda internacional in rebus tripolitanii.


"Chove aí fóra; por iso non podo saír a falarvos. Tamén parece estar a chover dentro da miña carpa. Será iso choiva? Non. Son cans mexándose nos uniformes dos meus gardacostas. Non hai respecto para as mulleres. Bengasi. Odio esa cidade. Unha vez equivoqueime e chamei Bengasi ao meu amigo Berlusconi. Bébados, proxenetas e extremistas relixiosos. Volverei bombardealos antes de irme. Gustaríame comprar algúns vehículos aéreos non tripulados, e poder apertar eu mesmo o botón. As miñas relacións co pobo son informais, baséanse na amizade e o temor. Por que se volveron tan toca-collóns e combativos? Teño moitos fillos. Os do Foreign Office británico adoptaron a un deles, ao meu amado Saïf, e querían levantalo ao trono, pero iso non tería o menor efecto na paisaxe intelectual da Jamahirya libia.

Acabo de recibir un tweet de Venezuela: 'Liches O outono do patriarca, de Gabriel García Márquez?' Por que debería ler esa merda? Seica leu García Márquez os meus contos de ciencia ficción recollidos en Fuxida do inferno? Transcorren nun país imaxinario dominado por un caudillo imaxinario que mata as súas xentes, até que estas levántanse e líbranse del. É unha historia moi divertida. É popular nos países árabes. Reuninme con eles, eses pallasos, eses cans extraviados de Europa. Blair, Berlusconi, son os meus amigos, pero agora pídenme que me vaia. Por que? Fóronse eles? Sempre chove en Londres. E ese proxeneta de Roma sempre está mexando no seu pobo. Ireime cando sexa a miña hora. Cando Alá me chame para discutir sobre a conxuntura política. Gústanme as pizzas. Antes había unha boa pizzaría en Trípoli. Moito mellores pizzas que en Bengasi, pero agora todos eses comercios están en chamas. Aínda chove? Non? Vale. Entón ireime. Que me enterren cunha mortalla de cores, non branca. Bill Clinton. Deberían cortarlle en toros o pene, e dálo a comer aos marráns por permitir que Mónica xogase con el mentres falaba con xefes de Estado. Os homes serán homes, pero iso sácame de couzón. Xamais fixen cousa semellante. Nin Blair, nin Berlusconi.

Gobernei esta praza por 42 anos. E agora está a chover. Sinto non gobernar outros 50 anos. Mubarak foi un puto can extraviado; Ben Ali, un proxeneta. Por que comparan a eses bribóns comigo? Eu loitei contra a miña propia ditadura militar. Non son unha letrina rodante. Que pensades? Preguntarei ao pobo, pero necesito un paraugas. Quen está mexando? Estou seica mexando sobre o meu pobo? Só unha cousa máis necesito dicirlle ao meu pobo. Lembrade isto: os Estados son hostís ao Ser. Analogamente, o Ser é hostil aos Estados. O Ser é a actividade de estar vivo, libre, áxil e irrestricto. De ser rigorosamente polo Ser, o Estado desmembraríase como o pene de Clinton. Os Estados existen por 'neutralización' do Ser. O 'Estado do Ser' é unha condición de debilidade mental. Con todo, 'normalmente', todos existimos en condicións de debilidade mental. Estou orgulloso de ser o Débil Mental en Xefe dun Estado débil mental. Neutralizareivos a todos."

Nenhum comentário: