Feixóo medíndose nun control sanitario.
Na noite do 1 de marzo do 2009, a maioría absoluta do PPdeG colleu de sorpresa tanto os partidos daquela gobernantes, PSdeG e BNG coma os propios populares, que planificaran unha campaña de transición, insistindo na mellora do seu candidato, Alberte Núñez Feixóo, quen se presentaba por primeira vez e aínda non callaba en todos os sectores do partido.
Mais o inesperado triunfo fixo mudar a paisaxe. O presidente tomou rapidamente as rédeas do partido e, pactando co fraguismo unha reconversión tranquila do espírito do PP galego, optou por crebar consensos coas demais forzas políticas en temas tales coma o ensino ou a lingua. Nestes dous primeiros anos, Feixóo deixou a súa particular pegada en todas as áreas da política galega.
Emprego
O tema ao que menor tempo lle ía adicar o presidente (45 días) acaba por ser o seu talón de aquiles. A suba do desemprego en Galiza é a maior do Estado (superando nun 120% a media estatal). A pesar dos reiterados anuncios de plans especiais de emprego, o certo é que a única medida efectiva que Feixóo puxo en marcha para reducir as listas do paro foi o cambio nas estatísticas que deixará sen a condición de parados uns 55.000 galegos que pasan ao limbo dos que nin teñen traballo nin non o teñen.
No parlamento, Núñez Feixóo descúlpase coa falta de competencias que ten a autonomía nesta materia e “borra” da súa memoria o discurso que mantiña cando era xefe da oposición ou o que utilizou durante a campaña para afirmar que o paro tería solución fácil no primeiro mes e medio de goberno.
A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, é unha das peor valoradas por analistas e enquisas e segue a pairar sobre ela a escura situación dunha empregada sen seguro que mantiña ao seu cargo.

Benestar
Se durante o bipartito, esta área foi das máis renovadas, coa idea de cambiar os mecanismos de asistencia na sociedade galega, cada vez máis envellecida e que sofre o endémico atranco do espallamento da poboación e a falta de servizos públicos, o PP optou por botar abaixo a estrutura que o BNG puxera en marcha para articular o cambio. Se a política de Anxo Quintana, responsábel da área entre o 2005 e o 2009 pasaba por crear un corpo dependente das Administracións para darlles servizo a dependentes, crianzas e anciáns, Núñez Feixóo renovou os vellos lazos con empresas privadas moi beneficiadas no tempo de Manuel Fraga. O mellor exemplo é a Fundación San Rosendo, con enorme implantación na provincia de Ourense e en constante expansión por toda Galiza. Se durante o tempo do bipartito eran públicas as diferenzas da dirección desta empresa coa Xunta, tras a chegada de Feixóo, non deixou de medrar e en certos concellos é ela quen define o mapa de benestar social segundo os seus intereses comerciais.
Coa escusa da falta de recursos por mor da crise, interrompeuse a construción de centros de día, residencias, escolas infantís e gardarías de titularidade pública ao tempo que medran as concesións privadas. A oposición denunciou, asemade, que non se cumpren os prazos que marca a Lei de Dependencia para que as familias cobren a prestación legal e non se aprobou nin unha soa reforma para facilitar a asistencia aos que máis a necesitan.
Educación
A educación é un dos grandes temas do goberno de Feixóo. Seguindo as pautas ensaiadas por Francisco Camps no País Valenciano, o presidente galego tronzou o consenso sobre a protección ao galego (que obriga o Estatuto) e decidiu, esquivando a legalidade con normas creadas a propósito para amparar as súas políticas, introducir un novo concepto nas aulas. Baixo o eufemismo de Liberdade para escoller, o modelo educativo galego prima valores coma a separación por sexos nas aulas, o ensino relixioso e, sobre todo, o castelán por riba do galego nos plans escolares.
Feixóo acabou coas Galescolas, pensadas polo bipartito para frear o abandono do galego nas áreas urbanas e en certas vilas, onde se rachou o elo de transmisión do idioma propio nas familias. Ben polo contrario, é agora máis difícil para pais galegofalantes en determinados espazos conseguir que os seus fillos estuden en galego, un dereito recoñecido polo Estatuto que frustra o novo sistema de ensino.
Contra a opinión de especialistas, introduciu o trilingüismo nas clases. Baixo a imaxe de promoción dunha lingua de prestixio, o inglés, entre o común do estudantado, a realidade dos primeiros meses da posta en funcionamento do novo sistema deixa tras de si un ronsel de denuncias de profesores que afirman que os rapaces teñen graves problemas para aprender conceptos básicos de materias como Coñecemento do Medio, ao non estudalos nunha lingua de comunicación normal na casa e na rúa.

Lingua e cultura
As políticas culturais de Feixóo están vinculadas ao galego. Sabedor de que a normalización no sector editorial ou teatral era enorme, o novo goberno tentou desarmar as súas vías de produción, outravolta coa escusa da crise. Rematou coa compra de libros de texto, un balón de osíxeno para as editoriais, que tamén viron reducidas as vendas ás bibliotecas e seguen a esixir unha política de promoción do libro en galego que rache tabús, preconceptos e minorización. En cambio, a Casa de Galicia en Madrid pagou con diñeiro público unha ducia de presentacións de libros relativos a Galiza mais escritos en castelán.
O teatro saíu á rúa en varias ocasións para demandar o pagamento das débedas que a Xunta mantiña co sector. O Goberno non ve con bos ollos seguir apoiando a difusión da arte dramática e espérase que aplique o concepto liberal de que “se a xente quere ver teatro en galego, que o pague do seu peto”. Idéntica crise sofren o sector audiovisual e musical de expresión en galego. Só dous exemplos: o peche de Flocos.tv, trinque virtual do cinema galego, e que o último disco pagado pola Xunta sexa o de Jabonblue, en castelán.
Os medios de comunicación en galego sufriron un duro golpe por mor das reducións das axudas públicas. Como afirmaba o presidente da asociación que vela polos intereses destes medios, Xavier Cea, do Galicia Hoxe, “é a propia lexislación europea, española e galega quen garante que a administración debe permitirlles aos cidadáns o acceso á cultura e aos medios de comunicación de masas na súa propia lingua”.

Medio Rural
Ese concepto de igualdade entre cidadáns, estean onde estean, non se cumpre tampouco cos habitantes do rural. Logo de tecer e destecer o tapiz da idoneidade de manter ou botar abaixo o Banco de Terras, a Xunta desprezou unha medida que solicitaran do bipartito os produtores gandeiros e agrarios como xeito de crebar o minifundismo e poder aproveitar mellor terras útiles que o envellecemento e o despoboamento deixaron de monte.
Normas coma o canon da auga, que obriga a pagar un imposto por ter pozos e fontes, ou a xeneralización da receita electrónica, que prexudica os habitantes das aldeas son exemplos dunha política que afianza a Galiza das dúas velocidades e condena aínda máis que no pasado a quen decida vivir no rural.
As dúas grandes medidas neste aspecto son a meirande permisividade na construción nas zonas rurais, unha práctica que se mostrou ineficaz para fixar poboación e que, a cambio, degradou a paisaxe e o patrimonio (elementos que a Unesco considera fundamentais para a sobrevivencia dunha cultura) e a nova norma que permite a caza maior nove meses ao ano, xeito rápido de abaratar custos no mantemento do monte, no que só se inviste para que non arda –demasiado– no verán.

Protección costeira
A permisividade na construción tamén significa que acaba a protección do territorio a 500 metros da costa. Feixóo segue a pensar, como moitos dos seus colaboradores (Agustín Hernández, Xavier Guerra, Telmo Martín) que a construción é un bo negocio. O seu conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas a un tempo vai sorteando as acusacións sobre supostas irregularidades urbanísticas mentres impón un modelo de crecemento baseado nun urbanismo “marbellí” que simplemente non se desenvolve pola forte crise do sector, que nin coas facilidades lexislativas actuais pode levantar cabeza.
A pesar de que plantas acuícolas ou parques eólicos en espazos protexidos non compensan os traballos que crean polo dano irreparábel que provocan, o Goberno aposta por industrializar a costa en sectores de nulo impacto laboral, máis propios de explotacións de esquilma dos recursos.

Vivenda
Núñez Feixóo foi pioneiro en axudarlles aos galegos a compraren a súa segunda vivenda. Nun momento de recesión e de falta de liquidez e de confianza no futuro, a lexislación en materia de vivenda busca facilitarlles as vendas do stock ao sector inmobiliario, empregando recursos públicos non para abaratar o prezo da vivenda senón para permitir que este non caia.
A eliminación das normas do hábitat que puxera en marcha o bipartito permiten que se siga construíndo sen atención ás zonas verdes, sen respecto pola luminosidade ou a sustentabilidade enerxética, todos aspectos que son demandados por quen compra pisos pero non polos que os venden, un dos lobbys mellor asentados en San Caetano arestora.
EconomíaA eliminación das normas do hábitat que puxera en marcha o bipartito permiten que se siga construíndo sen atención ás zonas verdes, sen respecto pola luminosidade ou a sustentabilidade enerxética, todos aspectos que son demandados por quen compra pisos pero non polos que os venden, un dos lobbys mellor asentados en San Caetano arestora.
En dous anos, Galiza está a piques de perder a súa autonomía financeira. Condenada por abusos propios pero sen apoio do Goberno, Novacaixagalicia podería formar parte dese tecido produtivo que en Galiza foi afastando as súas cabezas decisorias, seguindo o rastro de Fenosa ou de R. Núñez Feixóo mantén no tema das caixas un dobre pensar que lle encantaría a George Orwell. Afirma que loitará por manter as áncoras do aforro galego no propio territorio pero non toma ningunha decisión nese sentido.
EnerxíaCase a primeira medida de Feixóo no poder foi derrogar o decreto eólico do bipartito e facer un concurso coas bases máis favorábeis aos grupos de interese próximos ao Goberno. Mais as esixencias do novo concurso (investimento industrial, monetarización dos parques que non se constrúan) nun contexto de falta de acceso ao crédito acabou convertendo a repartición eólica nun trámite administrativo opaco: atrasos na publicación do resultado, negociacións entre a Xunta e determinadas empresas, pactos bilaterais que non cumpren os criterios de transparencia... Todo iso motivou que o sector acabase ben anoxado co novo modelo enerxético e puxese o concurso na xustiza. Ademais, grupos ecoloxistas e veciñais comezaron as protestas en contra de determinados parques, que levarán consigo paraxes naturais e patrimoniais únicas.
Deporte
Feixóo deixou nas mans de José Ramón Lete, xa alto cargo en tempos de Manuel Fraga, a contrarreforma deportiva. O vasco rematou co abrocho das seleccións galegas deportivas, escachou o fráxil gomo do deporte feminino e mantén un sistema deportivo baseado nos favores e no medo a perder as subvencións para que nada se mova nos clubs, moi abafados pola crise económica. Por poñer exemplos, os apoios incondicionais a determinados deportistas e o ostracismo ao que somete a outros simplemente por simpatías políticas.
Sanidade
Alén dos problemas que ocasionou a receita electrónica no medio rural, con Feixóo no poder, a sanidade empeorou. Comandada por unha conselleira, Pilar Farjas, que non se oculta cando afirma a voz en grito que ela prefire a sanidade privada, o Goberno permite –a mantenta– que aumenten as listas de espera, que se desatenda o colapso nos servizos de urxencias con tal de aforrar ou que os propios doentes non poidan pedir cita para o especialista, inaugurando o novo sistema no que é o propio Sergas o que chama o enfermo para dicirlle cando lle "toca" ir ao médico. Todas estas medidas benefician os seguros privados, que se fan cun mercado de descontentes coa saúde pública que ven como os seus impostos non lles garanten unha sanidade digna.
A privatización da sanidade que se quere impulsar en Galiza é un calco da que segue Esperanza Aguirre en Madrid. Ese modelo supuxo que o novo hospital de Vigo vaia ser de concesión privada e que estea previsto que outros servizos esenciais pasen a depender de negocios particulares que miran o beneficio por riba do ben xeral.
Nestes dous anos creouse unha plataforma de defensa da sanidade pública que conseguiu éxito de convocatoria na media ducia de manifestacións que convocou.

Infraestruturas
Unha das promesas estrela de Feixóo era o cambio do modelo de transporte en Galiza. Coñecedor do tema porque foi conselleiro do ramo, durante este bienio, o seu labor en Infraestruturas cinxiuse ao tirapuxa con Xosé Blanco, ministro de Fomento, para conseguir que o AVE e certas autovías acaben atrasándose uns anos ou uns lustros.
Nada se fala de crear sistemas de tranvía en Vigo ou na Coruña para desabafar o tránsito urbano e beneficiar o intercambio nas áreas metropolitanas. Estes proxectos, que se poden ler no programa de Feixóo, simplemente non existen.

Tecnoloxías
Considerada polo Goberno unha das súas medidas máis favorecedoras da normalización lingüística, o acordo para que Microsoft traduza as súas ferramentas ao galego custoulles ás arcas públicas varios millóns de euros (o contrato final non foi publicado). Até agora, a Xunta investía 500.000 euros ao ano en Mancomún.org, unha plataforma de apoio e coordenación de desenvolvemento de software libre, ben traducindo e adaptando programas ben creando aplicacións novas co fin de que o tecido produtivo aforrase custos na súa actualización tecnolóxica. Malia as promesas de seguir nesa liña para que a iniciativa privada non tivese que pagar as caras licenzas dos programas corporativos, o certo é que o orzamento público non adica nin un euro a este tema.
O sector das TIC tamén viu como a meirande parte dos contratos relativos á publicidade e á actualización dixital, que nos tempos do bipartito se repartían entre pequenas empresas galegas, acababan nas mans de compañías madrileñas. Non é casual o unánime rexeitamento á campaña publicitaria do Xacobeo ou ás clamorosas faltas de ortografía nos anuncios do leite (galega (sic)): "Marca a diferencia", en vez de diferenza. Soou moito estes anos Plexus, unha compañía tecnolóxica galega que leva facturados varios millóns desde marzo do 2009 e que foi acusada de beneficiarse dos seus contactos no PP.
Xacobeo
O 2010 estaba na axenda de Núñez Feixóo como o grande ano da recuperación económica a conta do turismo e optimismo que irradiaría o Ano Santo. Pechada a Porta santa, nin a cara visita do Papa nin o lóxico aumento de visitantes serviron para que o sector da hostalaría estea contento. Fontes da industria hoteleira queixáronse de que a promoción estivo mal enfocada e que se volveu premiar o turismo de baixa calidade, é dicir, aquel que gasta pouco, dorme nos albergues gratuítos e acaba pasando no mesmo día por Galiza para acabar pagando hotel fóra da comunidade. A contención no gasto dos espectáculos artísticos non se traduciu en maiores oportunidades para os músicos galegos.
2 comentários:
http://montealtocity.blogspot.com/2011/03/lopez-rico-un-inmoral.html
De entrada, senhora Pilar Pato Alonso, agradecer-lhe a sua participaçom no blogue. É umha boa nova que esta direita endeusada que nos (des)governa comece a pôr-se nerviosa quando, como neste artigo de "A Nosa Terra" que reproduzimos aqui, se pom negro sobre branco.
Lim a entrada do seu blogue, enteiramente respeitável como qualquer opiniom. Só que no meu caso, conheço o Mário, trabalho com ele no Encontro e lim diversas cousas que ele fixo em A Crunha desde a área de urbanismo, entre elas por exemplo umhas jornadas com expertos internacionais de toda a parte sobre urbanismo e universidade. Creio, pois, que em geral o seu trabalho foi excelente.
Dito isto como qualquer outro ser humano suponho que cometeria e cometerá ainda erros. Nom me merece maior comentário a sua entrada dona Pilar. Deu-me a impresom, contodo, deu-me que as acusaçons som pouco sólidas, menos contrastadas e pior argumentadas. Os quiosques fôrom retirados em muitos concelhos independentemente do seu governo (informe-se).
Sobre o caso concreto ao que se refere dumha administraçom de lotaria nom vou ser eu quem diga que o Encontro ou as irmás e irmaos do Encontro som infalíveis como já antes assinalei e começando por mim mesmo. Para isso esta o papa de Roma e chega bem. Falarei com Mário e farei-lhe chegar a sua denúncia dona Pilar.
Umha sentida aperta irmandinha
Postar um comentário