Noam Chomsky (esquerda) e Michel Foucault
Moderados polo condutor Fons Elders, Noam Chomsky e Michel Foucault encontráronse na televisión holandesa no mes de novembro do 1971, formando parte dos encontros organizados polo International Philosophers Project. Elders presentou ambos pensadores como "dous obreiros que perforan un túnel nunha montaña, cada un deles desde o lado oposto, con instrumentos diferentes, e sen saber se se encontrarán".
Foucault e Chomsky mantiñan certa complicidade en canto ás ferramentas que se debían usar para analizar a realidade pero a medida que avantan no debate vaise demostrando que as súas conclusións e análises son completamente diferentes.
No libro A natureza humana: xustiza versus poder. Un debate, os dous filósofos falan tanto da teoría do pensamento coma de política. É interesante ver que achaban eses dous persoeiros hai xusto 40 anos do mundo e comparalo co que realmente sucedeu nestas catro últimas décadas.
Edita Trifolium.
Nenhum comentário:
Postar um comentário