Á vista do publicitado na web do BNG a respecto do Consello Nacional e a creación dunha comisión para falar e reflexionar sobre o estado da fronte temos que facer o seguinte comentario de texto.
[web do BNG] "O Consello Nacional do BNG acordou hoxe crear unha comisión aberta e plural, sen condicións previas, para abrir unha reflexión colectiva, preparatoria da asemblea nacional deste ano."
NON!
O Consello Nacional do BNG acordou hoxe crear unha comisión aberta e plural, sen condicións previas, para abrir unha reflexión colectiva sobre o propio BNG, unha fonda reflexión sobre a situación do BNG e do nacionalismo previa a calquera convocatoria dunha Asemblea Nacional.
SI!
[web do BNG] "En concreto, Guillerme informou de que "o Consello Nacional do BNG está disposto a iniciar unha reflexión colectiva, democrática, entre todas e todos, de debate para afinar todo aquilo que se considere para mellorar o noso traballo a curto prazo e, sobre todo, con vistas a unha asemblea nacional que se celebrará este ano".
NON!
O Encontro Irmandiño entende que a situación de desastre electoral e o afastamento do BNG dos sectores do País que tradicionalmente o apoiaron require unha reflexión fonda e seria. Para nós, o primordial desa comisión aberta de carácter exploratorio é saber a que está disposto cada quen para lograr ese referente político que Galiza precisa. No Encontro, xa o dixemos por activa e por pasiva, vemos necesaria unha asemblea a xeito de refundación do BNG coa reafiliación previa de todas as xentes nacionalistas e nun proceso aberto tamén á sociedade. E si non, non hai nada que facer.
SI!
[web do BNG] "Esta comisión -engadiu- non terá ningún tipo de precondicións e, cun espírito aberto, reflexionará sobre o BNG"·
DE ACORDO!
Nenhum comentário:
Postar um comentário