“Consolídase o ERE ao ensino público”. Con estas palabras, a deputada nacionalista Carme Adán quixo resumir os recortes de persoal, de ciclos de Formación Profesional e de unidades para Bacharelato e ESO que se están a producir no ensino galego. Nesta liña, o socialista Guillermo Meijón enumerou a eliminación de prazas de docentes que se realizaron nos dous últimos anos e que deixan un saldo de 2.432 docentes menos desde a chegada de Jesús Vázquez á Consellería de Educación.
Neste sentido, o socialista recordou no pleno do Parlamento que o pasado verán o conselleiro recoñeceu a eliminación de 300 postos de profesores para este curso –que o PP cualificou de “ínfimo”– aos que nos últimos meses hai que sumar a amortización de 500 prazas no concurso de traslados que denuncian os sindicatos, a convocatoria de unicamente 268 prazas para cubrir uns mil docentes que se acollen a xubilación anticipada e a outros 700 que se retiran ao chegar aos 65 anos.
A transformación da FP –que centrou boa parte da interpelación ao conselleiro pola convocatoria de oposicións en Infantil e Primaria– sumará a esta cifra outros 200 empregos eliminados, posto que segundo denuncian PSdeG, BNG e sindicatos, a conversión de varios institutos en centros de FP e o traslado dos alumnos a outros institutos, deixará unha redución de 73 unidades de ESO e Bacharelato.
Esta situación, denuncia a oposición, suporá a “masificación das aulas” e o aumento das ratios de alumnos por docente.
Ante as críticas, o Partido Popular escudou esta situación pola taxa de reposición fixada polo Goberno central que estabelece que unicamente se poden repoñer o 30% dos docentes xubilados.
Non obstante, a oposición criticou a postura da Consellería por non convocar un maior número de prazas e negociar a oposición co Ministerio como fixeron outras autonomías coma Cataluña e Andalucía, que superan nas súas convocatorias este 30% de substitucións. “A vostede lle conveu (sic.) aceptar sen mais”, censurou Meijón.
A postura do Partido Popular foi inmutábel. Mentres o conselleiro Jesús Vázquez destacaba que a súa convocatoria de oposicións “garante as necesidades de profesorado”, o deputado Román Rodríguez acusaba ao Goberno central de “discriminar” a unhas autonomías sobre outras e permitir así unha maior taxa de reposición en Baleares, Cataluña e Andalucía, mentres se presentan recursos contra a convocatoria de Castela e León. “Senón se cometen reformas, o sistema camiña cara o crack”, denunciou o popular para defender a reforma da Formación Profesional da Xunta.

Nenhum comentário:
Postar um comentário