08/07/2011

Resumo do acto sobre inmigración das Mocidades do Encontro Irmandiño de Ourense

O pasado 14 de xuño tivo lugar na no Campus da Universidade de Ourense o acto “Na defensa dos Dereitos Humanos” promovido polos mozos Irmandiños de Ourense, que contaba coa presenza de Silvia Suárez (Diplomada en Traballo social) e Natalia Afonso (Estudante de Dereito).
No acto puxéronse de manifesto os diversos problemas e carencias que afectan ao colectivo inmigrante e que, en grande medida veñen motivados polo marco normativo que establece o estado español; así como a actitude xenófoba mostrada por parte da sociedade e que non é corrixida dun xeito adecuado dende as diferentes institucións.

Os mozos Irmandiños anunciaron tamén a inminente realización de actos co fin de espertar e fomentar a participación da mocidade, tendo como obxectivo unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Nenhum comentário: