O director de Le Monde Diplomatique en castelán analiza as medidas postas en marcha polos Gobernos da Unión Europea para combater a crise e a resposta dos cidadáns. "Se ven só unha alternativa, talvez deberían facer un só partido".
Como director dunha das revistas de análises de política internacional máis prestixiosas do mundo, Ignacio Ramonet critica que os Gobernos europeos fixeran da defensa do euro a súa única prioridade.
- Mandan na Unión Europea os mercados? Camiñamos cara a unha Europa baseada nos intereses?
- É case unha banalidade dicilo. A Europa que se está construíndo está orientada a unha prioridade: que o euro siga sendo unha moeda forte. Todo o demais ten que sacrificarse por iso. Estas medidas preséntanse como unha saída da crise, pero non o son. O BCE adoptou unha política laxa tras a caída de Lehman Brothers, despois do 15 de setembro de 2008, coa idea de que non se podía deixar ao sistema sen liquidez. Hoxe esa política sanciónase.
- Cales son os perigos desta política de austeridade?
- En Estados Unidos está a levarse a cabo unha política de ampla liquidez, o contrario do proceso de austeridade e axuste que se aplicou aquí. Evidentemente, como di Paul Krugman, nun país no que se acaba de padecer unha das peores crises económicas da súa historia o peor que se pode facer é aplicar austeridade, porque vai conducir a unha asfixia xeral do sistema económico. Non imos ir a unha crise que vai durar dúas ou tres anos. Non sabemos onde vai parar.
- As últimas decisións en materia de política económica sacaron á xente á rúa. Cal é o sentido do movemento do 15-M?
- O que están a dicir é: "Non queremos ser unha xeración perdida". Os Gobernos sacrifican unha xeración, nunha Europa de 500 millóns de habitantes, para defender ao euro, e eses mozos piden que se sacrifique outra cousa. Pero tamén é unha xeración que vai acabar por crer que a política non serve para nada. O meu sentimento é que teñen a ilusión de que poden renovar a política. A idea é que hai que reinventarla, e para iso hai que partir de cero. Eles pensan que a Constitución ten moitas carencias, e non é falso.
- Que opina da reforma constitucional pactada por PP e PSOE?
- É coma se o Goberno, o PSOE e PP quixesen outorgarlle a razón aos indignados cando estes afirman que non os representan. Este Goberno falou moito de "democracia participativa" pero cando chega o momento de tomar unha decisión capital négalle a participación aos cidadáns. É un caso típico de confiscación da democracia.
- Critícase que esta reforma introduce un principio económico ultraliberal na Constitución.
- A introdución da regra de ouro sobre o límite ao déficit público significa a inscrición na nosa Carta Magna dunha dogma ultraliberal fundamental. Desde agora a propia Constitución será o piloto automático que conducirá ao país pola vía ultraliberal sen que nada se poida opor legalmente a iso. Pero legalmente non quere dicir lexitimamente. E a cidadanía ten dereito a oporse, de modo non violento pero radical.
"Os mercados non foron elixidos"
As decisións tomadas polo Goberno español e tendentes a implementar un plan de austeridade "pillaron ao país por sorpresa", afirma Ramonet. Neste sentido, móstrase partidario de que o actual Executivo, que gañara as eleccións cun programa baseado na defensa dos humildes, debería dimitir no momento en que deu un xiro radical á súa política económica. "Como un dirixente socialista, que gañou as eleccións sobre un programa concreto, pode seguir adiante se ten que cambialo con medidas moi duras para os máis desfavorecidos?", pregúntase.
Ramonet explica que os cidadáns se están dando conta de que son os mercados os que fan a política europea, que define como unha "política dos intereses". "Os mercados non foron elixidos, que lexitimidade teñen?".
"Estamos a votar entre opcións bastante restrinxidas. Se dentro de todo isto tes aos investidores, que che impoñen un diferencial de tipo de interese, e convértese en algo moito máis determinante que o teu programa, a túa palabra e os teus cidadáns, para que se necesita un programa e unhas eleccións?", indica.
Reflexiona que se acepta a existencia de varias familias políticas, pero só unha política económica. "Se ven só unha alternativa, talvez deberían facer un só partido", engade.

Nenhum comentário:
Postar um comentário