Nova tirada de Faro de Vigo (aquí).
A corrente "Encontro Irmandiño" celebrou onte en Bueu as súas II Xornadas de Verán coa presenza do seu principal dirixente, Xosé Manuel Beiras, que non dubidou en sinalar que o estado das autonomías estaba esgotado en Galiza por inanición; falou de desobediencia e revolución cívica ante a ditadura dos mercados e tamén criticou con dureza o actual estado de representación. Na súa conferencia no Centro Social do Mar, Beiras sinalou que xa non se pode falar de crise, que a situación mundial nestes momentos é dunha gran depresión.
Pero a intervención de Beiras foi o colofón a unha xornada festiva de "Encontro Irmandiño" que conseguiu ser recibido polo alcalde nacionalista Félix Juncal, aínda que este non forma parte da corrente de Beiras. Ao tratarse dunha xornada de verán, a segunda celebra este colectivo desde a súa fundación (a primeira foi en Sober) o compoñente lúdico foi principal. Os participantes nestas xornadas tiveron a oportunidade de embarcarse rumbo as bateas de mexillón e de visitar o Museo Massó, onde tivo lugar un recital poético a cargo de Lucía Novas, Xosé M. Álvarez Cáccamo e Miguel Anxo Fernández Lanuxe. Xosé Novas Piñerio, primeiro alcalde democrático de Bueu, tamén tivo a oportunidade de dirixirse aos seus compañeiros para lembrar a figura do alcalde de Bueu que morreu fusilado, Johán Carballeira.
Nenhum comentário:
Postar um comentário