12/09/2011

Como crear empregos

Dean Baker. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por nós para o galego.

Ao longo das últimas tres décadas o goberno seguiu unha variedade de políticas cuxo efecto foi o socavamento dos niveis de vida da clase media [en EEUU denomínase "clase media" a un conxunto de persoas que abarcarían a boa parte da clase traballadora. NdT] e a redistribución da renda cara arriba. Como resultado diso, a clase media sufriu un estancamento da renda e un aumento da inseguridade. A clave para reconstruír a clase media é dar a volta a estas políticas.

Na cabeza desta lista [de políticas practicadas] sitúase unha política comercial que foi deseñada para expor aos traballadores industriais á competencia directa cos traballadores de baixos salarios provenientes dos países pobres. Iso tivo o previsto efecto de rebaixar os salarios dos traballadores industriais de EUA. Desde o momento en que os traballos industriais son comparativamente traballos ben pagos para o 70 por cento da forza de traballo sen estudos, esta política tivo tamén o efecto de baixar salarios para este grande grupo de traballadores.

A presión á baixa sobre os salarios foi engrandecida pola sobrevaloración do dólar. O dólar sobrevaluado fixo aos bens estadounidenses menos competitivos internacionalmente e motivou os grandes déficits comerciais do país ao longo dos últimos 15 anos.

A corrección desta política pasa tamén por expor aos traballadores altamente cualificados á competencia internacional. O que levará unha baixa dos salarios dos médicos, avogados e doutros asalariados de alta cualificación. Tamén conducirá a unha asistencia médica e a un sistema educativo máis económicos, como máis económicos serán os servizos proporcionados por traballadores de altos salarios. Restaurar o dólar a niveis competitivos pode equilibrar o comercio e crear máis de 4 millóns de novos empregos fabrís.

A política de patentes máis que xenerosa dos EUA tamén traslada sumas enormes da clase media cara aos máis ricos. Gastamos case 300.000 millóns de dólares ao ano (aproximadamente 4.000 dólares para unha familia de catro membros) en receitas médicas que poderían custar ao redor de 30.000 millóns de dólares ao ano nun mercado libre. Outros países pagan aproximadamente tanto como a metade polos seus medicamentos.

As proteccións explícitas e implícitas para a industria financeira tales como o seguro "demasiado grande para crebar" para os grandes bancos, tamén teñen o efecto de redistribuír a renda da clase media cara aos máis ricos. Restaurar a disciplina de mercado ao sector financeiro e tributar a especulación podería ir na dirección dun longo traxecto para corrixir o problema.

En resumo, a destrución da clase media non foi un accidente do mercado senón algo impulsado politicamente. Cousa que pode reverterse cunha política mellor.

Nenhum comentário: