18/01/2011

Encol da Lei de Augas


Emma Rodríguez Blanco



A Lei 29/1985, de 2 de agosto, de Aguas, puxo ao día a lexislación española na materia, sustituíndo a Lei do 13 de xuño de 1879, que, cos seus máis de cen anos de vida, configurou os elementos esenciais do réxime xurídico das aguas continentais no estado, polo tanto a día de hoxe e vendo a antigüidade de ditas normas si é necesaria unha lexislación en materia de augas acorde cos tempos actuais nos que a industrialización, as técnicas agricolas intensivas e os usos pouco responsábeis das augas ameazan a contaminación dos recursos hídricos. É necesario pois facer unha ordenación e regulación dos distintos usos que garanta a auga coma un servizo universal e asegure a sua protección.
A lei de augas proposta polo goberno galego non cumpre estes requisitos e pouco ou nada ten que ver co que debería ter unha auténtica lei de augas, non regula todos os usos da auga, nin contempla estratexias para evitar a contaminación das augas superficiais e subterráneas, nin deseña unha política eficaz que fomente o uso racional da auga, non ten enconta a situación alarmante dos rios nin a protección da calidade da auga e dos ecosistemas.
O que si fai esta lei é recaudar e darlle un valor a auga cada vez mais alto, o que co paso do tempo dara lugar a que sexa un ben tan preciado como o petróleo. En realidade, o pago dun canón polo uso da auga tanto nas traídas municipais (moitas delas xa en mans da empresa privada), como nas traídas veciñais existentes no noso país (que antes non eran susceptíbeis de pago) ou nos pozos particulares non é mais que unha maneira de comercializar cun recurso que pertence á humanidade e un xeito de abrir un mercado que en poucos anos estará copado pola empresa privada e una vez máis os beneficios serán para os mesmos.
Con relación aos usos da auga esta lei é un auténtico desastre posto que non fai referencia a un uso responsábel senón que delega tal función ao Plan Hidroloxico Nacional, plan que xa deu que falar no seu día, plan que era capaz de facer un trasvase que atravesaba a península.
O inflinxir un prezo á auga non é garante de que esta sexa ben usada posto que se se dispón de diñeiro un pode encher una piscina de 2900 hectómetros ata tres veces ao día, o prezo da auga o que fai é elevala a un artigo de luxo cando en realidade é un ben necesario para a supervivencia humana. A irresponsabilidade chega ata tal punto que nun futuro non moi lonxano a pouca auga que quede pagarase a prezo de ouro.
Preguntémoslle ao goberno canto do recaudado co novo canon da auga vai ir destinado a protección da auga. Se os nosos gobernos non son responsábeis somos, pois, os cidadans os que debemos pedir responsabilidades aos mesmos e non deixar que sigan utilizando os nosos recursos como moeda de cambio.

Nenhum comentário: