08/09/2011

Que opinan en Grecia de que o Tribunal Constitucional alemán avale o resgate?

Información tirada de Diagonal (aquí). A tradución e adaptación é de noso.




Que opinan en Grecia da sentenza do Tribunal Constitucional alemán que avala o primeiro "resgate" ao país helénico? DIAGONAL preguntoullo a Yorgos Mitralias, membro fundador do Comité grego contra a Débeda e un máis dos indignados (aganaktismeni) da ateniense praza de Syntagma. Isto é o que dixo:
O disparo das bolsas europeas horas despois da decisión do Tribunal Constitucional alemán constitúe a máis reveladora das reaccións: As bolsas e os mercados financeiros están exultantes, porque eles saben moi ben que se trata do rescate, non de Grecia, senón dos bancos alemáns e franceses Que son os principais acredores de Grecia!.

De feito, o Banco Internacional de Pagos cifraba en 278.000 millóns de dólares a exposición externa de Grecia no terceiro trimestre de 2010. Efectivamente, entre os maiores acredores figuran os bancos franceses, con 92.000 millóns de euros; os alemáns, con 69.400 millóns de dólares; e os estadounidenses, con 43.100 millóns de euros. Por certo, os bancos españois teñen unha exposición de 1.500 millóns de dólares en Grecia. Unha nadería en comparación coa exposición española de máis dun billón de dólares coa banca estranxeira. O cadro do Banco Internacional de Pagos do que se extraeron estes datos só mostra a exposición externa dos países chamados PIGS (porcos, en inglés): Portugal, Irlanda, Grecia e España.

"Os vagos do sur de Europa"

Precisamente, Mitralias tamén se referiu ao racismo rampante que destila ultimamente Alemaña cara aos seus veciños periféricos, entre os que nos atopamos: "Non podemos esquecer que quen conforman o Tribunal Constitucional son os "euroescépticos", é dicir os aislacionistas reaccionarios que cultivan os peores preconceitos racistas contra os que eles chaman "os vagos do sur de Europa que non traballan porque prefiren ser asistidos polos bos alemáns que se matan a traballar. Unha ollada á imprensa alemá de hoxe [por onte] proba que estes reaccionarios "euroescépticos" non son só un pequeno grupo no seo da elite burguesa alemá, senón que a súa influencia crece no momento no que a crise do capitalismo mundial entra na súa segunda fase. Así, un xornal que reflicte tradicionalmente os puntos de vista do grande capital alemán, o Frankfurter Allgemeine Zeitung (FACE), critica duramente a decisión do Tribunal Constitucional".

En resumo, Yorgos Mitralias subliña que esta crise potenciará as contradicións dos intereses dos poderosos e apela ao contraataque desde abaixo: "A crise acrecenta as discordias, a continuación da nosa historia promete a profundización dos enfrontamentos entre as faccións opostas da gran burguesía alemá... e europea. A menos que, evidentemente, os movementos de resistencia popular (en Grecia, en Alemaña e por toda Europa) non deixen aos nosos gobernantes tranquilos, pasando ao contraataque. Un contraataque que acentúa, tradicionalmente, as contradicións e os conflitos internos dos poderosos e do seu persoal político...".

Nenhum comentário: