22/10/2011

16.930 as hectáreas queimadas en só 19 días, case o dobre que en todo o ano 2010

Tirado de Galicia Hoxe (aquí). Nese periodo de tempo rexistráronse 1.635 lumes en Galiza.
Imaxe tirada de La Vanguardia e correspondente a un incendio en Galiza.


A Xunta cifrou en 16.930 as hectáreas queimadas entre os días 1 e 19 deste mes, por mor dos 1.635 lumes rexistrados na Comunidade galega neste período, que fundamentalmente afectaron á provincia de Ourense.  As cifras son moi altas e supoñen case o dobre de hectáreas ardidas que en todo o ano 2010.
A  última hora de onte, segundo a información achegada pola Consellería de Medio Rural, Galiza rexistraba un total de cinco incendios en situación de control, despois de que na tarde deste venres o incendio que se iniciou no concello lucense de Saviñao fose illado polos efectivos contra incendios e, por tanto, o seu avance foi detido, segundo informa a Consellería de Medio Rural no seu último parte. 

Desta maneira, permanecen controlados, ademais dese lume, os rexistrados na parroquia de Cernado, en Manzaneda; na parroquia das Chás, en Montederramo; o incendio da Veiga, en Seoane, e o incendio rexistrado na parroquia de Vilamaior, no municipio de Baltar. Todos eles na provincia de Ourense. 


Segundo este parte, ás 19.33 horas de onte pola tarde quedou controlado o incendio forestal rexistrado en Saviñao, que se iniciou ás 13.55 horas deste venres. As primeiras estimacións provisionais apuntan que a superficie afectada sitúase ao redor das 25 hectáreas, todas elas de monte raso. Na súa extinción, traballan un técnico, dous axentes, sete brigadas, tres motobombas, dúas pas, dous helicópteros e cinco avións

 
Tamén está controlado desde as 20.17 horas do mércores o incendio rexistrado en Manzaneda, na parroquia de Cernado. Segundo engade, este lume sitúase na zona Norte de Ou Invernadeiro, e precisa que non ten constancia de que afecte o Parque Natural. 
As últimas valoracións provisionais sitúan a superficie afectada en 1.800 hectáreas, polo que se cualifica de Gran Incendio Forestal (GIF). Nos labores de extinción participan dous técnicos, 18 axentes forestais, 39 brigadas, 11 motobombas, cinco pas, 15 helicópteros e nove avións.

Medio Rural sinalou que segue controlado en Montederramo, na parroquia As Chás, desde as 20.15 horas do mércores, o incendio forestal que alcanza unha superficie forestal que se sitúa nunhas 200 hectáreas. Interveñen dous técnicos, cinco axentes, 22 brigadas, 15 motobombas, catro helicópteros e oito avións

O lume que afecta á Veiga, na parroquia de Seoane, está controlado desde as 20.16 horas deste mércores e a superficie afectada supera as 20 hectáreasPola súa banda, o incendio de Baltar, na parroquia de Vilamaior, segue controlado desde as 17.30 horas do mércores. A superficie afectada, segundo os datos provisionais da Xunta, supera as 20 hectáreas
Medio Rural explicou que a Unidade de Emerxencia Militar (UME) colabora na extinción do incendio forestal de Montederramo en colaboración coa Xunta.


EXTINGUIDO 
Ademais, quedou extinguido un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, na parroquia de Chaguazoso, e que se iniciou leste mesmo venres ás 15.27 horas. Segundo os datos provisionais, a superficie afectada sitúase en 35 hectáreas rasas. Os medios que interviñeron neste lume son dous axentes, dúas brigadas, unha motobomba, un helicóptero e catro avións.



Nenhum comentário: