21/10/2011

O gasto social cae en 2012 catro veces máis que o orzamento da Xunta

Nova tirada de El País (aquí). Adaptada e traducida por nós para o galego.



Os orzamentos da Xunta mantéñense "estábeis" en 2012, con 12 millóns de euros menos que en 2011, depois do recorte aplicado no anterior exercicio. No entanto, as tres consellarías que concentran o gasto público social (Educación, Sanidade e Traballo e Benestar) perden conxuntamente 52'4 millóns de euros, por outras palabras cuadriplican a caída total dos gastos da CA. Traballo e Benestar perde 20'6 millóns de euros, Sanidade 16'4 millóns e Educación e Ordenación Universitária contará cun orzamento inferior en 15'4 millóns .

Ao tempo, a Lei de Orzamentos para 2012, que a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, apresentou onte na Cámara para iniciar a súa tramitación parlamentar, estes 52 millóns que perde o gasto público social engádense aos 390'8 do recorte nas contas de 2011, polo que Galiza perde 443 millóns de euros en dous anos.

O gasto financeiro dispárase, as consellarías ascenden en conxunto 1'1%, agás as de corte social como Traballo e Benestar (2'2%), Educación (0'7%) e Sanidade (0'5%). En termos absolutos son as que máis baixan, só precedidas por Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que quere compensar a caída (55'9 millóns de euros, -9'8%) co recurso a programas denominados de colaboración "público-privada" que só fan aumentar o déficit e beneficiar á grande empresa. O recorte no departamento de Agustín Hernández provocou receos no presidente da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG) que valorou a nova como "má".

O dado máis salientábel, no entanto é un outro. Desde que Núñez Feijóo, o Habichuela, está ao frente da Xunta de Galiza a débeda do país disparouse no medio da retórica da austeridade. No que levamos de lexislatura pasou de 3.900 a 6.900 millóns de euros cando aínda non se cerrou o exercio 2011. Os orzamentos de 2012 engaden para xa máis 826 millóns de débeda bruta.  Se en 2011 a Xunta destinou 2'1% do orzamento a pagar débedas en 2012 a cifra ascende a 3'1% e continua en progresión ascendente.

Amais, a conseira de Facenda salienta que os novos orzamentos apostan polo emprego, ao pasar de 209'9 millóns de euros a 214'5 millóns o orzamento da Consellaría de Economía e Industria. Esquece porén lembrar que o PP capou o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se en 2011 perdera case 40 millóns de euros agora contará con menos da metade da partida do ano pasado, ou sexa tan só 136 millóns de euros para 2012 frente aos 304'1 de 2011. Isto significa que un organismo público cuxa función principal é o préstamo de cartos (175 millóns en 2011, só 50 en 2012, -71'4%) a empresas perde en dous anos 210 millóns de euros nun contexto onde a Galiza do PP lidera da destrución de emprego.

No capítulo impositivo a Xunta do PP recaudará 35 millóns de euros polo imposto sobre o patrimonio e 5 máis por un novo imposto sobre o xogo. A grande xogada, porén, está no aumento das taxas tal e como advertiu criticamente o Consello Económico e Social de Galiza, ao que a conselleira do PP respondeu que as taxas son "máis xustas" cós impostos, xa que están "asociaadas a un servizo" mentres que os impostos son "coactivos".

Nenhum comentário: