A violencia de xénero constitúe unha vulneración dos dereitos fundamentais das mulleres. É a manifestación máis clara e brutal da desigualdade aínda existente entre mulleres e homes na nosa sociedade, poñendo de manifesto que falta moito camiño por andar até rematar completamente coa discriminación e subordinación das mulleres e acadar unha sociedade igualitaria.
Nos últimos anos déronse pasos importantes no eido legal, superando a visión que reducía o problema ao ámbito privado e asumindo que a loita contra a violencia de xénero é un problema de primeira orde e que na súa erradicación deben implicarse o conxunto de poderes públicos e toda a sociedade.
O Parlamento de Galiza no ano 2007 deu un paso moi importante nesta dirección ao aprobar unha lei específica que trata integralmente todo o referente á violencia de xénero. A citada lei, por vez primeira, fai un tratamento da violencia de xénero desde unha perspectiva integral, recoñece dereitos económicos e sociais para as mulleres que se atopen unha situación de violencia machista e impón unha serie de obrigas para as administracións públicas de carácter tanto preventivo, como formativo e de asistencia ás vítimas. Mais hai outro cambio relevante que introduce esta norma, a apertura dos recursos sociais a todas as mulleres con independencia de que conten cunha orde de protección ou non. Unha medida necesaria que pretende incrementar os resortes institucionais de apoio as mulleres. A aprobación desta lei supuxo ademais o compromiso firme de incremento dos recursos destinados na Galiza a loita contra a violencia de xénero.
Non obstante a día de hoxe, e a pesar das diversas peticións do BNG, o goberno do PP na Xunta de Galiza, non puxo en funcionamento os instrumentos lexislativos previstos para a protección das vítimas de violencia de xénero, é máis, parece considerar prescindíbeis e superfluas a maior parte das accións preventivas e doutro tipo que se viñan poñendo en marcha nos últimos anos de cara á erradicación da violencia de xénero.
Entre as previsións pendentes de desenvolvemento na Lei está a creación do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, un órgano institucional da Xunta de Galiza que ten por obxecto encargarse do estudo, avaliación e seguimento das políticas de violencia de xénero. Unha medida importante a fin de contar con organismos e persoal especializado que permita facer unha análise sostida no tempo sobre a efectividade das medidas tomadas neste terreo e, consecuentemente, mellorar a eficacia das políticas e recursos que se dedican a esta finalidade. Xa no informe elaborado a finais de 2008 pola Secretaría Xeral de Igualdade sobre o desenvolvemento da Lei 11/2007, se puña de manifesto a existencia dun borrador de decreto no que se estaba traballando a fin de poder cumprir con este mandato legal de poñer en funcionamento o Observatorio, e a pesar disto, a día de hoxe, non hai ningunha medida ao respecto. .
Xa o pasado ano, no mes de novembro, puñamos de manifesto esta cuestión, máis estes e outros aspectos do texto legal fican aínda por desenvolver. Existen ademais moitas medidas que é necesario seguir a impulsar de xeito continuado para lograr que sexan eficaces. Por exemplo, nas medidas de sensibilización social ou de formación das e dos profesionais que traballan en sectores relacionados, directa ou indirectamente, co tratamento de vítimas de violencia de xénero, cousa que non se está a facer. Non podemos permitir que se inclúan as políticas dirixidas á loita contra a desigualdade entre mulleres e homes entre esas materias das que se pode prescindir coa escusa da austeridade, mentres os cartos públicos se seguen a malgastar en outros temas de moita menos relevancia. A erradicación da violencia contra as mulleres debe ser unha prioridade de calquera goberno, que ten que materializarse na mobilización de recursos e no cumprimento das disposicións legais vixentes nesta materia.
Pero se non chegara coa paralización do desenvolvemento da lei e das políticas destinadas á prevención, estamos asistindo ao desmantelamento das poucas estruturas básicas coas que a administración galega contaba neste ámbito, baste recordar a disolución realizada o ano pasado do Servizo Galego de Igualdade. Tamén se ve esta mesma tendencia na considerábel redución económica das partidas orzamentarias destinadas a sufragar o mantemento das medidas de prevención da violencia de xénero. .
Por todo isto, dende o BNG instamos á Xunta de Galiza a que impulse a posta en funcionamento das obrigas impostas pola Lei 11/2007 que están pendentes de desenvolvemento; en concreto, a creación do Observatorio Galego da Violencia de Xénero e a posta en marcha do Centro de Recuperación Integral.
Reclamamos que se faga unha planificación para a realización de campañas periódicas de sensibilización contra a violencia de xénero, que se realice á formación das e dos profesionais implicados na atención e tratamento das vítimas, e que garanta o dereito á atención psicolóxica no ámbito sanitario público cuestión tamén recollida na lei.

Nenhum comentário:
Postar um comentário