25/11/2011

O derradeir o pinchacarneiro do PSOE: o indulto a Alfredo Sáenz, conselleiro delegado o Santander

Redacción.
O indultado a carón de Emilio Botín.
O goberno do PSOE despídese pola porta grande e completando a súa completa entrega á dereita. O 19 de novembro aprobaba o contrato de "aprendiz" co se precarizará aínda máis o emprego e co cal o PP poderá maquillar as cifras do desemprego. Agora salta a imprensa que o Consello de Ministros da sexta feira aprobou conceder o indulto ao conselleiro delegado do Grupo Santander, Alfredo Sáez, pola condena de tres meses de prisión e inhabilitación por un delito de acusación falsa cometido en 1994 contra un dos acredores de Banesto, cando era presidente da entidade, aínda que lle obrigan a pagar a multa máis alta aplicábel pola lexislación neste caso.

O Banco Santander, e supomos que toda a bancocracia tan mimada polo PSOE durante o seu Goberno, expresou a "súa satisfacción" após coñecer a decisión do Governo en funcións e fíxoo nunha nota oficial. O indulto aprobouno, a petición do Ministero de Xustiza (vaia oxímoron), pola boca pequena un Goberno en funcións que levou ao PSOE aos peores resultados da II Restauración borbónica o pasado domingo 20 de novembro para evitar a condena de cárcere e inhabilitación imposta polo Supremo o pasado mes de marzo. Co indulto, o segundo de a bordo de Emilio Botín cumpre os requisitos de "honorabilidade" que exixe o Banco de España para os executivos do sector financeiro (outro oxímoron) lexislados no Real Decreto 1245/1995 de 14 de xullo sobre Creación de Bancos e Réxime Xurídico das Entidades de Crédito.

O Tribunal Supremo consideraba probado que Sáenz impulsou a recuperación dos "créditos dificultados" do Grupo Harry Walker, que en xaneiro de 1994 supuñan 30% da totalidade dos suportados por Banesto, coa finalidade de "reflotar as complicadas circunstancias de xestión e solvencia do banco".

Nenhum comentário: