Nun dantesco espectáculo o primeiro ministro Yorgos Papandreu retira a proposta de referendo sobre o plano de resgate para Grecia excusándose no apoio da oposición da extrema-dereita ao acordo do Eurogrupo (cando se fala de oposición un estado turnista só se fai referencia ao PP-PSOE de cada lugar e non ao resto do parlamento). Un golpe de estado entre bambalinas dado por quen realmente ten o poder: o capital. Un capital que non quería nin ouvir que se mentara unha quebra desordenada e unha suspensión de pagos como a da Arxentina do "corralito".
Papandreu, nun chimpa-carneiro que o deixa como un simple macaquiño ao que outros moven, afirmou que o referendo "nunca era un fin en si mesmo" e que a consulta popular non era o seu propósito. O líder do principal partido da oposición, Antonis Samaras enviaba hoxe un comunicado a Papandreu pedindo un "Goberno de transición co mandato exclusivo de ratificar o plano de resgate e convocar eleccións". Segundo The Guardian a resposta de Papandreu sería que o que necesita o país é efectivamente un goberno de concentración nacional. Complétase así a cuadratura do círculo bipartidista das democracias occidentais e ponse un punto de non retorno ou ben a un estado aínda máis penal e totalitario (até fascista), ou ben a unha queda dos tradicionais partidos do bipartidismo como a que se deu en Arxentina porque as tensións da rúa chegaron a unha madurez moi alta.
O de Grecia é un bo aviso, do que infelizmente poucos galegos van tomar nota, para deixar de aderir ao PP e ao PSOE no Estado español.
Nenhum comentário:
Postar um comentário