07/11/2011

A grande banca gaña 35'5 millóns de euros cada día

Tirado de aquí e adaptado do catalán por nós.

Aínda que os tempos que corren son difíciles para a banca, é capaz de gañar bos cartos. Os 4 grandes grupos financeiros (Santander, BBVA, Caixa Bank e Popular) do mercado español van obter un lucro conxunto de 9.695 millóns de euros nos primeiros nove meses de exercicio, 14% menos que no mesmo período do ano anterior. É dicir, para que o entendamos mellor, as 4 principais entidades do Estado español van gañar 35'5 millóns de euros cada día entre xaneiro e setembro.

A diversificación xeográfica e os gaños extraordinarios son o que permitiu aos grandes grupos unha disminución moderada do seu beneficio nun momento difícil para calquera negocio financeiro no mercado español. A importante presenza dos dous grandes grupos (Santander e BBVA) nos mercados emerxentes como agora o Brasil, México e Turquía compensa a acusada disminución dos resultados no Estado español.

Morosidade
E aínda que, en comparación do resto do sector, os grandes apresentan unha morosidade moderada, aqueles que teñen unha exposición máis grande ao mercado español son os que a teñen máis elevada. Así, o 30 de setembro, o Popular apresentaba unha morosidade de 5'5% mentres que a de Caixa Bank era de 4'65%. A taxa de Santander (3'8%) e a de BBVA (4'1%) situábanse por debaixo desta cifra, en contraposición a un nivel medio para o conxunto do sector do Estado de 7'15% en agosto.

Para afrontar os impagamentos, as catro entidades continúan aumentando as dotacións por insolvencia, unha partida que se elevou co fin de superar os 14.000 millóns de euros nos nove primeiros meses de ano.

As dotacións frean o resultado de Caixa Bank

Caixa Bank vai fechar o terceiro timestre cun beneficio neto de 845 millóns de euros, 16% menos que no mesmo período do ano anterior, polas altas dotacións que está realizando a entidade ao longo do exercicio. A finais de setembro o grupo presidido por Isidre Fainé e dirixido por Joan Maria Nin destinou a dotacións por insolvencias 1.953 millóns, dos cales 633 millóns son destinados a saneamentos extraordinarios. A entidade compensa a caída de 11'9% de marxe de xuros con crecementos importantes dos dividendos (43'9%) e as comisións (7'9%), así como a disminución dos custes de explotación en 3%. Grazas a isto conseguiuse que a marxe da explotación recorrente disminuíu 1'2%, por volta do 2.352 millóns. Caixa Bank apresentaba a finais do setembro pasado un capital princiap ou core capita de 11'8%.

Nenhum comentário: