25/11/2011

Islandia rachou coa ortodoxia ultraliberal e triplicará o seu crecemento en 2012

Juan Ortiz. Información extraída de aquí. A tradución é de noso.


Conseguiu acabar cun goberno. Encerrou os responsábeis da crise financeira no cárcere. Empezou a redactar unha nova Constitución feita por eles e para eles. E hoxe, grazas á mobilización, será o país máis próspero dun occidente sometido a unha tenaz crise da débeda. É a cidadanía islandesa, cuxa revolta en 2008 foi silenciada en Europa por temor a que moitos tomasen nota. Porén lográrono. Grazas á forza de toda unha nación, o que empezou sendo crise converteuse en oportunidade. Unha oportunidade que os movementos altermundistas observaron con atención e puxérono como modelo realista a seguir.

Desde En Positivo, consideramos que a historia de Islandia é unha das máis boas noticias dos tempos que corren. Máxime despois de saber que segundo as previsións da Comisión Europea, este país do norte atlántico, pechará o 2011 cun crecemento do 2,1% e que en 2012, este crecemento será do 1,5%, unha cifra que supera o triplo que a dos países da zona euro. A tendencia ao crecemento aumentará mesmo en 2013, cando está previsto que alcance o 2,7%.

Os analistas aseveran que a economía islandesa segue mostrando síntomas de desequilibrio. E que a incerteza segue presente nos mercados. Con todo, volveu a xerar emprego e a débeda pública foi diminuíndo de forma palpábel.

Este pequeno país do periférico ártico rexeitou rescatar aos bancos. Deixounos caer e aplicou a xustiza sobre quen provocaran certas desfeitas e desmáns financeiros.

A revolta islandesa non causou outras vítimas que os políticos e os homes de finanzas
. Non verteu ningunha pinga de sangue. Non foi tan rechamante como as da Primavera Árabe. Nin sequera tivo rastro de mediática, pois os medios pasaron por encima no bico dos pés. Con todo, conseguiu os seus obxectivos de forma limpa e exemplar.

Neste momento, o seu caso ben pode ser o camiño ilustrativo dos indignados españois, dos movementos de Occupy Wall Street e de quen esixen xustiza social e xustiza económica en todo o mundo.

No seguinte vídeo, un dos impulsores da Revolución de Islandia, manda unha mensaxe aos indignados do Reino de España:

Nenhum comentário: