25/11/2011

O Encontro Irmandiño pide a Conde Roa e ao delegado do Goberno que expliquen a actuación desproporcionada no desaloxo da Sala Yago.

Nova tirada de aquí. Traducido e adaptado por nós.

O Encontro Irmandiño solicita ao alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa do PP e ao delegado do Goberno na Galiza, José Manuel Pose, que expliquen "a actuación desproporcionada" da policia no desaloxo dos okupas da Sala Yago.

No comunicado de imprensa o partido de Xosé Manuel Beiras expresou o seu rexeitamenteo á "aplicación desproporcionada da forza con antidisturbios no desaloxo" que se saldou "con lesionados e detidos", concretamente 11 persoas. "Tratábase dunha ocupación simbólica para defender a utilización de espazos culturais abandonados en Compostela" reinvindicou o Encontro Irmandiño. "Tanto o alcalde como o delegado do Goberno terán que explicar o desproporcionado desta actuación, que o único que consiguíu foi alterar a convivencia pacífica dos veciños de Compostela".

Nenhum comentário: