Que non hai futuro? Depende de para quen! |
No premiado documental "Bowling for Columbine", retrato sobre as sementes da violencia disparada e irracional nos USA, o seu autor, Michael Moore, presentábanos o caso dunha muller afroamericana que debía adicar practicamente vinte horas ao día aos tres empregos que debía simultanear para poder sacar á súa pequena familia adiante. Apenas vía ao seu fillo e este crecía nunha contorna desestruturada e degradada onde a violencia, a rúa, o pandillismo, era unha opción e non unha teleserie de entretimento ianqui. Visto desde Europa, o caso desta muller parecía un pesadelo inimaxinable dentro da nosa burbulla de prosperidade económica e social. Non choveu tanto desde aquela e xa estamos próximos á implementación dese modo de vida e produción aquí, no sacrosanto territorio da Unión. E mira que nos dicían que o Moore era un demagogo...
Efectivamente, a proposta do BCE coñecida hoxe para a creación de "minijobs" (nome menos dramático por anglosaxón que "minempregos") onde as mozas e mozos poderían cobrar menos de 400 euros instala definitivamente no noso futuro inmediato o modo neoliberal estadounidense de gañarse o pan. Non todo son malas novas, sen embargo, xa que non habería que pagar IRPF e as cotizacións á Seguridade Social serían voluntarias. Brillante. Se queres vivir do teu traballo terás que vivir para traballar, non á inversa, combinando empregos e horarios máis aló do razoable, máis aló da túa saúde, máis aló da escravitude legalmente implementada. Apenas terás tempo para durmir, descansar ou pensar. Apenas terás máis cartos que os necesarios para sobrevivir. Non cotizarás e entrarás nesa prisión onde as necesidades do teu presente se comerán literalmente os teus soños de futuro. Morrerás traballando, e reza para ter boa saúde ata entón, porque do contrario terás que hipotecar ou malvender esa destartalada caravana onde habitades ti e os teus.
Resulta cando menos curioso que quen isto recomenda, o BCE, un organismo non democrático, pagase o ano pasado 360.000 euros de soldo ao seu señor Presidente. Non extraña. A Comisión Europea, que aplaudiu a decisión de España e Grecia, e agora Italia, de aumentar a idade de retiro das/dos seus traballadores, permite xubilacións entre os 60 e 62 anos. Sempre hai cousas peores, no FMI podes acollerte á pensión de xubiliación a partir dos 50 anos cunha pequenísima merma do teu soldo. Xa na "nosa" casa/Caixa os protohomes da fusións, os titáns dos intereses de Galiza, os valedores dos aforros galegos, os señores do espazo e do tempo, marchan con indemnizacións multimillonarias deixando atrás unha entidade financeira nacionalizada case na súa totalidade para evitar a ruina de quen temos alí gardados os euros do noso traballo, aforro o sacrificio.
O Secretario do Tesouro dos USA, de xira imperial por Europa, recibiu entusiasmado os plans de recortes e reforma laboral de boca do propio Rajoy. As entidades europeas que nos arrastraron ao abismo da súa hecatombe especulativa acuden an masa á primeira subasta en dólares. A maior abundamento, temos sobre a mesa a posibilidade que que se adique o 10% do PIB do Estado a "inxectar" na banca para que esta cubra os seus activos tóxicos. Os que eles crearon ou compraron co placet das axencias de clasificación e de todos os gurús que nos están agora dando leccións sobre como saírmos desta crise. E o capital galego, ese que tamén fai País ou "Región" ou eu que sei? Seica buscando refuxio na Coroa norueguesa entanto ti, eu e mais nós apandamos para salvar (?) o euro que a eles lles interesaba inventar. Viva.
A mediados dos anos oitenta apareceron no noso panorama musical unha serie de bandas punk orixinarias de Euskadi, dando lugar á etiqueta "Rock radical vasco". Entre estas bandas, Cicatriz ou RIP sobrancean por precursoras. Non tiveron a oportunidade de triunfar fóra dos circuitos marxinais xa que o conxunto das radiofórmulas os trataron como "terroristas". Cantaban ou berraban sen ira "Non hai futuro". Cicatriz tomouno tan en serio que todos os seus membros faleceron antes de rematar o século. Non sei por que me lembro estes días destas cousas...

Nenhum comentário:
Postar um comentário