06/12/2011

Juan Carlos Borbón acumula unha fortuna de 1.790 millones de euros

Nova tirada de aquí e traducido por nós.




Franco necesitaba un sucesor. Non podía deixar a España en mans da masonería e o bolchevismo, e tampouco podía arriscarse á posta en marcha dunha democracia liberal. Decidiu traerse a Juan Carlos I de Borbón, que se exiliou a Italia xunto ao seu pai coa proclamación da república, e adoutrinarlle nos principios franquistas. Este mozo chegou a España cunha man diante e outra detrás, sen unha peseta no peto, pero hoxe acumula unha fortuna de 1790 millóns de euros, segundo a revista Forbes. Tamén hai que dicir que esta afirmación non é do todo correcta en si, pois se lle asocian tamén os bens do Estado dos que goza.

A familia do Rei Juan Carlos fai os seus negocios. O seu xenro é conselleiro de Telefónica. A súa irmá céntrase nas empresas de luxo. O seu primo irmán enche os seus petos con negocios de telecomunicacións, autoestradas e petróleo.

E a lista amplíase segundo descendemos na súa árbore genealógico. Pero ao rei oficialmente non se lle coñece ningunha outra empresa que a Xefatura do Estado.

Entón, como conseguiu amasar unha fortuna estimada polas revistas Forbes e Eurobusiness en 1.790 millóns de euros? Diferentes libros e cargos públicos denuncian que os agasallos recibidos e o uso de homes de palla poderían achegarnos á resposta a esta pregunta. Por exemplo, para o seu último iate Fortuna empresarios mallorquinos sumaron unha colecta, suxerida polo propio rei, de 2.600 millóns de pesetas, segundo o xornalista Matías Vallés, ao que o Goberno rexional de Jaume Matas (PP) sumou 400 millóns. E así goza dos seus veraneos, como cada ano recollen as imaxes da familia real en Mallorca. A maioría compartidas con numerosos logos de coñecidas empresas.

 "Hai que ter coidado coa estimación de Forbes porque incluía cousas do Patrimonio Nacional. Ao seu nome non atopamos nada legalmente. Mesmo se lle acusou e investigado por delitos financeiros, como o cobro ilegal de comisións e o roubo das obras de arte do Ducado de Hernani", denuncia Iñaki Errazkin, autor de  Hasta la coronilla: autopsia de los borbones.

 A única forma de coñecer os seus ingresos públicos é rastrexar os orzamentos. Directamente en 2009 recibiu 8,9 millóns. "Patrimonio Nacional destina uns 140 millóns ao mantemento de palacios e outras posesións, seis millóns do Ministerio de Administracións Públicas son destinados para asesores, funcionarios de elite. Ademais, o parque móbil duns 60 vehículos de alta gama corresponde ao Ministerio de Economía e todas as súas viaxes corren a cargo de Defensa ou Asuntos Exteriores", explica Antonio Romeu, ex deputado de EU e coordinador da Rede de Municipios e Cargos Públicos pola III República.

Pero as contas non cadran. E ninguén o pode investigar. O artigo 56 da Constitución estabelece que "a persoa do rei é inviolábel e non está suxeita a responsabilidade". Mesmo tras o nomeamento dun interventor das contas reais en 2007, a Casa Real afirmaba que era "unha decisión administrativa e burocrática adoptada polo rei para mellorar o funcionamento interno da institución, non ten máis transcendencia".

 A Casa Real actúa como un verdadeiro paraíso fiscal, interpretan a disposición libre do seu orzamento, como que non teñen que dar explicacións a ninguén..., denuncia Romeu. A falta de control por parte, mesmo, dos propios organismos públicos, foi denunciado en abril ante o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo por Esquerra Republicana de Catalunya.

 Recentemente, Gaspar Llamazares (EU) tiña que ampliar unha pregunta ao Goberno sobre se podía dar "garantías de que ningún recurso da familia real estea en paraísos fiscais" a todas as institucións do Estado. Non era a primeira vez que denuncias similares se facían públicas.

 Patricia Sverlo recollía en Un rei golpe a golpe (Ardi Beltza, 2000) que tanto el como a súa familia teñen aforrados 6.000 millóns de pesetas en bancos suízos, por "se as cousas se torcen no Estado". Os escándalos económicos salpicaron en numerosas ocasións a Juan Carlos de Borbón. E serviron como indicios dos negocios en que podería estar involucrado. Durante os gobernos de Felipe González, varios casos de corrupción foron protagonizados por empresarios e persoas da súa máxima confianza: Javier de la Rosa, Manuel Prado de Colón e Carvajal, José María Ruiz Mateos ou Mario Conde pisaron en varias ocasións os tribunais. Unha situación que volve estar presente coa publicación en setembro do libro de Conde, Memorias de un preso, onde relata os intentos do rei por frear a intervención de Banesto e o seu posterior enxuiciamento.

A eles súmanse novos episodios, aínda que toquen máis de preto ao seu sucesor. A primeiros de agosto era detido Pepote Ballester polo escándalo da Palma Area; e Telma Ortiz, irmá da princesa Letizia, era nomeada "a dedo" subdirectora de Proxectos do Departamento de Relacións Internacionais do Concello de Barcelona (PSC e ICV).


Humildes comezos: Desde a súa designación como herdeiro de Franco, o rei non deixou de incrementar a súa fortuna privada. Sempre se lembran os problemas económicos que tivo a súa familia tras o exilio de Alfonso XIII. Pero todo cambiou desde que Luís Valls Taberner (Banco Popular) empezase a administrar unha "subscrición popular" para achegar liquidez co apoio doutros banqueiros, moitos nobres e empresarios franquistas.

 Posteriormente recollería a testemuña José María Ruiz Mateos. Un feito que utilizou para tentar protexerse da Xustiza cando Rumasa lle foi expropiada. Entón denunciou entregar mil millóns de pesetas ao monarca. A fortuna de Juan Carlos de Borbón e a súa familia continuou aumentado. E de forma "discreta". Até canto? Non o sabemos, pero a cifra de 1.790 millóns "nunca foi desmentida pola Zarzuela", segundo recollíase nun escrito do coronel Amadeo Martínez Inglés ao Parlamento en 2008, quen un ano antes publicara Juan Carlos I, EL último Borbón. Las mentiras de la monarquía española.

Nenhum comentário: