06/12/2011

Tres anos de falacias: Rajou prometeu milagres na economía que agora nega

Tirado de aquí e traducido por nós.

Nuñez Feijoo, actual presidente da Xunta de Galicia, gañou as eleccións ofrecendo unha promesa que sabía non ía ser capaz de poder cumprila. Asinou un "contrato cos cidadáns" de 14 puntos no cal se comprometeu a "acabar coa crise e o paro en 45 días". Dous anos despois non só incumpriu o contrato, senón que actúa coma se nunca o asinou e até agora puido ocultar a súa desastrosa xestión do emprego culpando ao goberno central. Na Galiza de Feijoo o paro creceu case o triplo máis no último ano que na media do resto de España. Eses datos non afastan ao electorado do PP das urnas, que acode fiel cada 4 anos a depositar o voto sen que lle afecten as actitudes dos políticos aos cales vota.

Se a Feijoo lle funcionou a estratexia, o PP volveríaa a usar a nivel estatal, pois é máis segura que o "plan B", a vía LePPenista catalá que lle obrigaría a mostrar o perfil ultra que inquieta ao electorado que esta vez tiña que quedar en casa para que o PP gañase. 

O bulo que usou o PP durante tres anos para facer campaña, deixou de ser útil a mesma noite electoral que fixo a Rajoy presidente. Minutos despois de saberse gañador aseguraba aos seguidores que celebraban o triunfo da dereitona baixo os balcóns da sede de Xénova "Non vai haber milagres, non os prometemos". Na hemeroteca podemos comprobar a magnitude que alcanza a súa primeira grande mentira sostida durante tanto tempo e coa que estrea esta lexislatura Si prometeu milagres... e prometeunos con prazos e cifras. O diario El Mundo dedicoulle unha reportaxe no que prometía arranxar a economía en dous anos.

Tamén na videoteca, como se pode comprobar no seguinte vídeo que recompila as promesas milagreras da dereitona en campaña.


O 21N, unha nefasta xornada nos mercados e a bolsa deixaban espida a grande falacia que alimentara o PP ao longo de 3 anos. A técnica para seguir adiante, cambiar de bulo. Lola de Conspirar repetía en TVE1 a mentira que o seu xefe lanzara o día anterior: «Non imos facer milagres e nunca os prometemos». Desde que comezou a crise económica, o único mantra de Rajoy e o resto de xerifantes do PP foi terminar co paro e levantar a economía. Nunca explicaron como, pero, segundo eles, saberían facelo porque así o demostraron en 1996 cando tomaron as rendas do país ao final do ciclo dunha crise económica que nada tiña que ver con esta.

Dous anos despois, xa en setembro de 2011, un desbocado Esteban González Pons dicía que o seu partido crearía 3,5 millóns de empregos nesta lexislatura que estreamos. Segundo Pons, isto conseguiríase coa creación dun millón de novos empresarios. Nunha entrevista publicada en El Mundo, Dolores de Conspedal apoiaba a tese de Pons asegurando que se podía "Se se rema na boa dirección e dáse confianza á economía española, é un obxectivo factible". 

Durante os 15 de campaña ninguén desvelou no PP como Rajoy ía lograr cumprir a súa promesa de reducir o déficit sen subir impostos, e sen facer recortes en educación, sanidade, pensións, e benestar social.

Rajoy atribuíuse a si mesmo a calidade política de ser capaz de xerar confianza aos mercados dentro e fóra de España, e segundo el, o anterior goberno lograba o contrario, impedindo así que as empresas españolas teñan "crédito e liquidez".

No último tramo da campaña electoral, o líder da dereitona aseguraba nun mítin que. "Un voto ao PP dá confianza en España e é unha mensaxe ao mundo de que as cousas se van a facer ben e de que este país será un alicerce fundamental no proxecto do euro". O resto de cabezas destacadas do partido repetiron o mantra "Mariano o domador dos mercados" varias veces ao longo da campaña. Un triunfo do PP faría subir as bolsas e baixar os intereses da débeda española como un foguete.

18/11/2011 María Dolores de Cospedal, cre que se o domingo o PP gaña as eleccións por maioría absoluta os mercados darán un "voto de confianza" á economía española.

15/11/2011 González Pons aposta por un cambio político que tranquilice os mercados e dea estabilidade. "Tal e como está a prima de risco, España hoxe volverá destruír emprego, non o creará. Iso é o que ten que cambiar o vindeiro domingo cando lle deamos un cambio á economía español " 

Dous días antes de lograr a vitoria nas urnas, Mariano Rajoy reculou e pediu "media hora de respiro aos mercados". E déronlla, 30 minutos, nin un máis. O resto da semana dedicáronse a demostrar o longo rosario de falacias que deran o triunfo ao Partido Popular sen necesidade de ensinar o programa. Cuestión de fé e fidelidade férrea dos seus votantes. Mentres o seu líder permanece, máis dunha semana despois da convocatoria electoral, escondido no seu despacho sen prestar atención á chamada dos poderes económicos internacionais que lle piden explicar o que vai facer. Incluso o presidente posto a dedo polos mercados en Italia, Mario Monti, soubo exercer o seu cargo sen necesidade semanas de peche para a preparación: se non é capaz de facelo, e xogar nos tempos que lle van a mandar os mercados, que non se presentou ao cargo. A prensa Internacional xa o bautizou como "o aburrido Rajoy", e en China dedicáronlle unha viñeta onde aparece fronte a un touro dicindo que "non promete nada".

Nenhum comentário: