Tirado de aquí e traducido por nós. Esta entidade representante do peor turbocapitalismo é a que pide urbe et orbe moderación salarial.
Entrar a traballar en Goldman Sachs non é fácil. Pero unha vez dentro, os beneficios son considerábeis. O principal banco de investimento de Wall Street destinou 12.220 millóns de dólares (9.525 millóns de euros) en remunerar aos seus 33.000 empregados. Esta cifra supón un 21% menos que en 2010, e o seu persoal diminuíu nun 7%. Pero, aínda así, cada unha destas 33.300 persoas cobrou 366.967 dólares de media. O banco gañou 2.510 millóns de dólares (1.958 millóns de euros), o 67,5% menos.
Goldman Sachs inviste en remunerar ao seu persoal o 42,4% do seu beneficio neto. Os seus pagos reducíronse o 21% con respecto ao exercicio pasado, e reduciu o 7% os seus empregados totais até 33.300.
Sen ter en conta o pago de dividendos correspondentes ás accións preferentes, o resultado neto de Goldman Sachs alcanzou un beneficio de 4.492 millóns de dólares (3.054 millóns de euros), un 46,8% menos que os 8.354 millóns de dólares (6.517 millóns de euros) que gañou o ano pasado.
Pola súa banda, a cifra de negocio da entidade reduciuse un 26,4%, desde os 39.161 millóns de dólares (30.548 millóns de euros) até os 28.811 millóns de dólares (22.474 millóns de euros), debido principalmente a un descenso do 72% nos ingresos da súa división de investimento e préstamo.
No cuarto trimestre do ano, Goldman Sachs gañou 978 millóns de dólares (763 millóns de euros), un 56,1% menos, aínda que sen contabilizar o pago de dividendos, o beneficio alcanzou os 1.013 millóns de dólares (790 millóns de euros), un 57,6% menos.
Pola súa banda, a cifra de negocio acumulada no tres últimos meses de 2011 alcanzou os 6.049 millóns de dólares (4.717 millóns de euros), un 30% menos que os 8.642 millóns de dólares (6.739 millóns de euros) que ingresou no mesmo período do exercicio anterior. Esta caída debeuse principalmente a un descenso da facturación do 43% en banca de investimento e do 56% no seu negocio de investimento e préstamo
O conselleiro delegado de Goldman Sachs, Lloyd C. Blankfein, destacou que 2011 estivo dominado polas preocupacións macroeconómicas globais que afectaron "significativamente" aos seus clientes.
"Aínda que os nosos resultados descenderon como consecuencia diso, estou satisfeito de que a empresa manteña a súa posición de líder na industria na súa franquía global de clientes, mentres xestiona de forma prudente o risco, o capital e os gastos", engadiu.
A entidade recalca que segue xestionando de forma conservadora o seu capital e a súa liquidez e informa de que o seu cociente de capital 'Tier 1' segundo as normas de Basilea I situouse a data de 31 de decembro no 12,1%.
Nenhum comentário:
Postar um comentário